MESA DE FORMACION 27.11.2025.- REUNIÓN PARA TRATAR A PROGRAMACIÓN DA FORMACIÓN PARA O ANO 2026 DO PERSOAL AO SERVIZO DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA.

No día de hoxe, 27 de novembro de 2025, celebrouse a Mesa de Formación do persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia (videoconferencia).

Aínda que a formación dos funcionarios de xustiza mellorou coa creación da Plataforma de teleformación da Xunta de Galicia, sen dúbida temos que modernizar a oferta de cursos tanto procesuais como de coñecementos informáticos debido sobre todo polos cambios que se avecinan coa inminente implantación da Fase III da Numo.

 SPJ-USO TRASLADARÁ AS SÚAS ALEGACIÓNS E PROPOSTAS Á DXX QUE BÁSICAMENTE SE CENTRARÁN NOS SEGUINTES PUNTOS.

🛑 REALIZACIÓN DE CURSOS SOBRE O ESTATUTO DO PERSOAL DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA actualizado e adaptado ás novas normativas derivadas da implantación da NUMO , ademáis de cursos adaptados a  normativa sobre as novas regulacións sobre substitucións e comisións de servizo (adaptadas a nova estructura xudicial).

🛑 Potenciar a FORMACIÓN presencial «in situ» para os titulares que cambian de destino dentro e fora da CCAA asi como para interinos.

🛑 Impartir cursos sobre as REFORMAS LEXISLATIVAS NO AMBITO CIVIL E PENAL, a necesidade dos funcionarios de ter coñecementos actualizados no ámbito procesual son imprescindibles para realizar o seu traballo de forma axeitada. Dado que no ámbito da xustiza as reformas son continuas e de calado importante, sobre todo nos ámbitos civis e penais é imprescindible manter estes cursos. Debe añadirse algún curso sobre a lei Orgánica de medidas en materia de eficiencia do servizo publico de Xustiza. Débense añadir cursos para a lexislacion social e concenciosa

🛑 NOVAS TECNOLOXIAS, OFIMATICA, TICS E INTELIXENCIA ARTIFICIAL APLICADA A ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA  , para unha xustiza formada e moderna e poder sacar partido as ferramentas das novas tecnoloxías. Débese reforzar os coñecementos de tod@s en MINERVA, EFIDELIUS, EXPEDIENTE DIXITAL, SINATURA ELECTRONICA, VISOR, LEXNET, VIDEOCONFERENCIAS, XUNTARQUIVOS, EXE.  e todas as súas adaptacións a ATHENEA. Insistimos que se deben impartir cursos actualizados das últimas versións do Sistema Operativo  Windows, ofimñatica Microsof office. Moitos funcionarios descoñecen moitas destas aplicacións, que son moi importantes para axilizar os trámites dos procedementos.

🛑 Manter a convocatoria de cursos de Atención as vítimas de delitos , e de atención ao cidadán, independientemente das súas ratios de peticións. O mesmo poderiamos decir con respecto os cursos de prevención de riscos , con baixa demanda , pero que segue sendo necesario convocalos.

🛑 FOMENTAR OS MÓDULOS DE VIOLENCIA DE XÉNERO E FAMILIAR, debido a especialidade da materia, a rapidez do procedimento e as causíticas que se poden dar, os funcionarios que queiran traballar nun xulgado de violencia, deben estar perfectamente cualificados.

🛑TELEFORMACIÓN PARA CONCILAR A VIDA LABORAL E PERSOAL E IMPLANTACIÓN DO TELETRABALLO coa instauración dos seguintes módulos:  Usos da teconolxia  einformación dentro do Teletraballo, Prevención de Riscos Laboralis no Teletraballo, Protección de datos no teletraballo e Desconexión dixital.

🛑 CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS E EMERXENCIA, esta formación debe ser práctica e presencial, debido a importancia que ten, salvar unha vida.

🛑 IMPLANTACIÓN INMEDIATA DE FORMACIÓN PARA PREPARAR OPOSICIONS ONLINE A TRAVÉS DA EGAP,  TANTO PARA O TURNO LIBRE COMO PARA A PROMOCIÓN INTERNA que se leva pedindo hai moitos anos, e na actualidade non temos ninguha proposta concreta.

🛑 AUMENTO DAS PRAZAS NOS CURSOS DE LINGUAXE XURÌDICA GALEGA, sobre todo para as edicións de Galicia, tanto no curso medio como no superior, nas que as ratios están disparadas dada a gran demanda dos mesmos e o altísimo número de xente que cada edición queda fóra.

🛑 FORMACIÓN PRESENCIAL, para conseguir un aprendizaxe mais rapido e eficaz. Unha vez máis e despois de moitos anos, unha regulamentación para a formación e seguimos insistindo na necesidade desa formación presencial d@s funcionari@s:

1) Adaptada os cambios normativos , lexislativos e tecnolóxicos derivados na implantación da NOVA OFICINA XUDICIAL que implicará cambios masivos nos postos de traballo, asumindo materias nas que carecen moitos compañeiros de experiencia e coñecementos e que en moitos casos cambiarán de destino tanto entre localidades , como na mesma localidad dentro de Galicia,  xa que a variación entre xulgados tanto do mesmo orde como de distinto orde e moi importante (normativa aplicable…).

2) Aqueles que veñen doutra comunidade que ademais do descoñecemento da normativa aplicable non empregaron nunca as aplicacións informáticas utilizadas polos xulgados de Galicia.

3) A todos os interinos que dado os cambios continuos de xurisdicións así como o nomeamento de persoal con pouco experiencia ou ningunha no sector xudicial (como pasa na actualidade onde hai que recurrir aos baremados) non posúen coñecementos previos da materia nin das aplicacións informáticas.

🛑 E por último solicitamos manter o resto de cursos e modalidades da programación deste ano 2025.

 

Por parte da DXX, recoñece que hai moitas mais solicitudes dos cursos de galego e  que hai que aumentar os cursos que este último ano tiveron moita demanda. Manifesta que é sabedora da problemática existente cos de Galego e coñece que é necesaria a publicación de máis prazas e máis edicións, a vista da alta taxa de demanda destes cursos de Linguaxe Xurídica media e Superior,,  tanto dos cursos que se publican para os destinados en Galicia como para os que están destinados fóra de Galicia, e manifesta que  mantivo contactos coa EGAP e Política Lingüística para conseguir máis edicións, que consideran que debemos ter unha solución adaptada ao persoal de xustiza con mais edición e mais prazas. 

➡️Asimesmo, a DXX solicita  que as OOSS enviemos  todas as nosas propostas antes do 1 de decembro, a fin de elaborar un documento final.

👉 POR UNHA FORMACION ACTUAL E MODERNA PARA TOD@S!!!!

 

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.