Fonte Xunta de Galicia
O Consello da Xunta celebrado no día de hoxe acordou nomear Director Xeral de Xustiza a D. Juan José Martín Alvarez.
O nomeado, no ano 1997 foi nomeado xefe do servizo de Xestión de Persoal ao servizo da Administración de xustiza, dependente da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local da Xunta de Galicia, logo da asunción de competencias en materia de xestión de persoal ao servizo da Administración de xustiza. En 2001 é nomeado subdirector xeral de Relacións coa Administración de Xustiza da Dirección Xeral de Xustiza e, en 2002, director xeral de Gabinete de Comunicación Xustiza da Xunta de Galicia. En 2005, reincorpórase como titular da Secretaría do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 7 de Santiago de Compostela, actual xulgado de instrución n.º 1 de Santiago de Compostela.