PUBLICADAS NA INTRANET AS CORRESPONDENTES INSTRUCCIÓNS PARA REALIZAR A SOLICITUDE DA CARREIRA PROFESIONAL DESDE O DÍA 21 DE NOVEMBRO ATA O 13 DE DECEMBRO.
1.- A solicitude debe facerse e presentarse obrigratoriamente de maneira telemática a través da OPAX.
Ao entrar en OPAX, aparecerá, tanto no menú lateral coma nos accesos directos, unha ligazón a “traxectoria profesional”. Ao premer no enlace de traxectoria profesional, o sistema informará a persoa solicitante se cumpre ou non os requisitos segundo os datos que figuran neste.
- No primeiro caso (reúne requisitos): deberá acceder á solicitude, gravala, asinala e presentala.
- No segundo caso (non reúne un ou varios dos requisitos): unha vez acceda á solicitude, deberá marcar o/s requisito/s que non consta/n precargado/s pero que a persoa solicitante pode acreditar; para o que achegará a documentación xustificativa correspondente xunto coa propia solicitude.
Na sección de “axuda”, pode descargarse a guía de usuario coas instrucións para realizar a solicitude.
Lembrade que o prazo de presentación de solicitudes é o seguinte:
Grao 1 para tódolos corpos e Grao 2 para tramitación e Auxilio, 15 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación no doga. DENDE O 21 DE NOVEMBRO ATA O 13 DE DECEMBRO (ambos incluídos).
Grao 2 para Xestión e Forenses 15 días hábiles a partir do 2 de febreiro de 2023.