IMPORTANTE – LEMBRADE QUE O DÍA 2 DE FEBREIRO DE 2023, XOVES, ÁBRESE O PRAZO DE SOLICITUDES DO GRAO 2 DE CARREIRA PROFESIONAL PARA O CORPO DE XESTIÓN E MÉDICOS FORENSES.
SOLICITUDES: 15 DÍAS HÁBILES, ata o 22 de FEBREIRO !!!
Accede á circular CARREIRA PROFESIONAL – GRAO 2 – XESTIÓN E FORENSES
Accede á publicación do DOGA – CARREIRA – CONVOCATORIA DOGA 2022
🔴 COMEZA O PRAZO de presentación de solicitudes do grao II do corpo de xestión procesual e administrativa e de médicos forenses convocado pola Resolución do 17 de novembro de 2022 rematando o día 22 de febreiro .
➡️ PRAZO: DENDE O DÍA 2 DE FEBREIRO ATA O 22 DE FEBREIRO.
🔴 A solicitude debe facerse e presentarse obrigatoriamente de maneira telemática a través da OPAX.
Ao entrar en OPAX, aparecerá, tanto no menú lateral coma nos accesos directos, unha ligazón a *«traxectoria profesional».* Ao premer no enlace de traxectoria profesional, *o sistema informará a persoa solicitante se cumpre ou non os requisitos segundo os datos que figuran neste.*
👉 No primeiro caso (reúne requisitos): deberá acceder á solicitude, gravala, asinala e presentala.*
👉 No segundo caso (non reúne un ou varios dos requisitos): unha vez acceda á solicitude, deberá marcar o/s requisito/s que non consta/n precargado/s pero que a persoa solicitante pode acreditar; para o que achegará a documentación xustificativa correspondente xunto coa propia solicitude.
🔴 MOI IMPORTANTE: non basta con gravar a solicitude, hai que asinala e presentala a través da aplicación, cun certificado dixital ou mediante as credenciais de acceso á OPAX. No caso de que cree máis dunha solicitude, só será válida a última presentada.
🔴Se sae unha xanela emerxente hai que premer arriba á dereita na barra do buscador e sinalar a casilla de permitir…. A continuación hai que darlle á frecha ATRÁS e voltar a premer ASINAR E PRESENTAR.
SPJ-USO: Pioneiro e impulsor da Carreira profesional na Xustiza!!!
FEITOS, non palabras!!!