
A EGAP acaba de convocar distintos cursos de idiomas e de linguaxe de signos aos que podemos acceder os funcionarios da administración de xustiza con destino en Galicia.
Solicitudes e prazos:
ℹ️➡️ O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 20 de febreiro de 2025.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse me diante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/
matricula>, desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar nesta convocatoria limítase a tres.
Debido á alta demanda dos cursos de idiomas na modalidade de teleformación, establécense as seguintes limitacións:
🔴 Cada persoa só poderá solicitar un nivel por cada idioma ofertado na modalidade de teleformación.
🔴 Non se poderá solicitar o mesmo nivel cursado na convocatoria anterior .
As persoas solicitantes de actividades impartidas na modalidade de teleformación e telepresenza deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude e dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos
técnicos:
– Un ordenador con conexión á internet.
– Un navegador web actualizado.
– Autofalantes e micrófono.
– Para a actividade de linguaxe de signos será necesario dispor dun dispositivo de gravación.
Podedes acceder ao resto de condicións e cursos ofertados na seguinte ligazón:


















