EGAP- CONVOCADAS ACTIVIDADES EXTRAORDINARIAS DE FORMACIÓN CONTINUA

ℹ🔊RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2022 pola que se convocan, con carácter extraordinario, actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.

Como persoal destinatario, figura o da ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA nos cursos referidos a:

  • Iigualdade e violencia de xénero.
  • Unión Europea: políticas públicas e procedementos comunitarios.
  • Portal de idiomas.

SOLICITUDES:

1. O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES abarcará desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 3 DE XUÑO DE 2022.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

2. O NÚMERO MÁXIMO DE CURSOS que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco.

3. Serán EXCLUÍDAS AUTOMÁTICAMENTE aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

4. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

5. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

6. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (discapacidade ou permisos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) de acordo cos criterios de selección deberán remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A devandita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario só serán considerados os datos enviados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.

7. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 63 35 e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal> en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas).

Para máis información, preme no seguinte enlace: 👇

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220525/AnuncioO150-160522-0001_gl.html#:~:text=dereitos%20de%20conciliaci%C3%B3n.-,anexo%20ii,-C%C3%B3digo

Los comentarios están cerrados.