EGAP – Convocadas actividades formativas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2024 pola que se convocan as actividades formativas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.

🔗https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240322/AnuncioO150-140324-0001_gl.html

1. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (dende o 📆 sábado 23 de marzo ata o luns 1 de abril).

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo EGAP (xunta.gal) desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

2. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco.

As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54 e 981 54 63 35 e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal> en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 h).

📢🔊 LISTADO DOS CURSOS OFERTADOS 📷

AMPLÍA INFORMACIÓN

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240322/AnuncioO150-140324-0001_gl.html

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.