DOGA-PUBLICADA A CONVOCATORIA DA CARREIRA PROFESIONAL. APERTURA DE PRAZO DE SOLICITUDES!!

Carreira profesionalPRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Grao 1 para tódolos corpos e Grao 2 para tramitación e Auxilio,  15 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación no doga. DENDE O 21 DE NOVEMBRO ATA O 13 DE DECEMBRO (ambos incluídos).

Grao 2 para Xestión e Forenses 15 días hábiles a partir do 2 de febreiro de 2023.

Lembramos que cada grado adquírese en 3 anualidades e SPJ-USO logrou que as porcentaxes anuais sexan do:

– 60 % o 1º ano, 80 % o 2º e 100 % o 3º.

Os efectos económicos do primeiro tramo -60%- do grao I (para todos os corpos) e do grao II (para tramitadores e auxilios) serán dende o 1-1-2022.

Accede á publicación do DOGA – CARREIRA – CONVOCATORIA DOGA 2022

 PROCEDEMENTO PARA SOLICITUDES.  A través do formulario electrónico dispoñible na OPAX con certificado dixital ou usuario e contrasinal, na opción “Traxectoria Profesional. O sistema informará ó solicitante se cumpre ou non os requisitos; caso de que o sistema informe que non se cumpren os requisitos deberanse acreditar anexando a documentación oportuna.

As solicitudes sempre deberán ser asinadas e presentadas.

 REQUISITOS DE  ACCESO:

1.Estar en servizo activo ou situación que supoña reserva de praza no prazo de presentación de solicitudes.

2.Posuir a condición de funcionario de xustiza:

Grado 1: Cunha antiguidade de 5 anos a 31-12-2021.

Grado 2: Ter recoñecido o grado 1 e ademais:

Antigüidade de 11 anos a 31-12-2021 en Tramitación ou Auxilio.

Antigüidade de 11 anos a 31-12-2022 no caso de Xestión e Forenses.

3.Cumprir un dos criterios xerais de avaliación establecidos no artigo 4 do acordo a data 31.12.2021 (para grado 1 de tódolos  corpos e 2 de tramitación e auxilio) ou 31-12-2022 (para grado 2 de Xestión e Forenses).

Criterios xerais de avaliación: Formación continuada recibida ou impartida, cursos de doutoramento/master, 2 anos en función de dirección-subdirección-xefatura de servizo, 2 anos en excedencia por coidado de fillos ou familiares

FORMACIÓN RECIBIDA  PRECISA PARA OS DIFERENTES GRADOS: 40 horas tanto para o Grado I como para o II.

VALOR DE CADA GRADO COMPLETO 2022 a dividir en 12 pagas (temos 4 grados):  👇

    • Forenses: 2.627,95 euros/ano por cada grado.
    • Xestores: 1.839,18 euros/ ano por cada grado.
    • Tramitadores: 1.186,08 euros/ano por cada grado.
    • Auxilios: 1006,67 euros/ano por cada grado.

AMPLIA INFORMACIÓN NAS SEGUINTES CIRCULARES:👇

CIRCULAR CONVOCATORIA CARREIRA 2022 DOGA

TABOAS CARREIRA PROFESIONAL 2022

Los comentarios están cerrados.