Cursos gratuitos preparatorios para a consecución dos certificados CELGA 2011

Orde do 29 de decembro de 2010 pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán nos períodos e nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican.

Os cursos impartiranse en dúas quendas: a primeira comezará en febreiro/marzo de 2011 e a segunda en outubro de 2011, en horario de mañá ou de tarde.

Os prazos para a presentación das solicitudes serán os seguintes:

-Para a quenda de febreiro/marzo: 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

-Para a quenda de outubro: do 1 ao 20 de setembro de 2011.

VER A ORDE

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.