Cursos gratuitos preparatorios para a consecución dos certificados CELGA 1, 2, 3 e 4

Orde do 13 de xaneiro de 2011, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncian, con carácter voluntario e gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, para particulares (adultos) e colectivos de Galicia, no ano 2011 (ED104B).

Establécese como data límite para a presentación de solicitudes o día 28 de febreiro de 2011, tanto para os particulares que dexexen participar nos cursos programados directamente pola Secretaría Xeral de Política Lingüística no anexo III como para os colectivos, entidades e asociacións que organicen cursos.

Os cursos que se organicen e impartan ao abeiro desta convocatoria deberán estar finalizados antes do 16 de xuño de 2011.

O día 1 de marzo sairá publicada na páxina http://www.xunta.es/linguagalega unha convocatoria específica de cursos en liña para preparar a proba do celga 1.

VER A ORDE

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.