CONVOCATORIA MESA SECTORIAL 17.06.25‼️

Convocada reunión da Mesa sectorial de xustiza, o próximo martes 17 de xuño, ás 10:00 h na Sala Colmeiro da EGAP, coa seguinte:

 

 

ORDE DO DÍA:

  1. Aprobación da acta da sesión anterior.
  2. Propostas de RPT da Fase III.
  3. Proposta do proceso de REORGANIZACIÓN DE EFECTIVOS.
  4. Proposta de bases do proceso de concurso específico.
  5. Rogos e preguntas.

Como documentación a valorar na Mesa adxúntase a seguinte documentación.

  • Borrador da acta da Mesa sectorial do 10 de xuño.
  • Folla de cálculo coa proposta de RPT das oficinas xudiciais da Fase III.

En síntese, respecto da versión avaliada na mesa do 10 de xuño, créanse EQUIPOS ESTRUTURAIS en Ferrol, A Coruña e Vigo.

Engádese unha praza de tramitación a maiores para levar VSM na Coruña, en Santiago, en Ourense e en Vigo.

  • Datos relativos á execución que serviron de base para a dotación dos SC de EXECUCIÓN.
  • Borrador de resolución coa RPT das oficinas xerais do Rexistro civil da Fase III.

Engádese un posto de tramitación nas oficinas xerais do RC de Ferrol e de Lugo.

  • Borrador da proposta do proceso de reorganización da Fase III.

Os cambios identificados en color. Engádense puntualizacións solicitadas na mesa e alegadas polas organizacións sindicais.

  • Proposta de implantación do novo modelo organizativo determinado pola Lei 1/2025 nos partidos xudiciais da Fase I na Administración de xustiza en Galicia.

Accede ós BORRADORES remitidos pola DXX:

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.