CONVOCATORIA DE CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA (MEDIO e SUPERIOR) E CELGAS

A  Consellería de Educación convoca cursos gratuitos le Linguaxe administrativo (equivalente os cursos xurídicos medio e superior) e os Celgas 3 e 4 a través das Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia.

Son cursos en liña cun exame final presencial.

Están dirixidos a empregados públicos , incluido o persoal de xustizaPoderán tamén solicitar a realización destes cursos as persoas maiores de dezaseis anos que non sexan empregadas/os públicas/os e posúan os certificados ou acreditacións equivalentes recollidos nos parágrafos anteriores. Neste suposto só se poderá optar ás prazas ofertadas para cada curso no caso de que estas non sexan cubertas por empregadas/os públicas/os.

O prazo para a presentación das solicitudes será o seguinte:

– Desde o día 1 ata o 12 de xullo de 2024, para os cursos do primeiro cuadrimestre;

– Desde o 11 ata o 22 de novembro de 2024, para os cursos do segundo cuadrimestre.

As datas de realización dos cursos dependendo das edicións van de outubro a decembro de 2024, e de febreiro a maio de 2025

Poderanse realizar nas distintas sedes das escolas oficiais de idiomas de Galicia de A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

Accede o resto de requisitos no seguinte enlace:

Accede á convocatoria dos cursos de linguaxe administrativa e Celgas

Comentarios cerrados.