Na intranet publicaronse diversas notas informativas por parte da DXX en relación cos plazos de posesión e cese con motivo da inminente publicación da resolución do concurso de traslados pendente, que son as seguintes:
INMINENTE RESOLUCIÓN DO CONCURSO DE TRASLADOS
Pasado mañá, quince de outubro, o BOE e o DOG publicarán a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados para prazas vacantes e de nova creación nesta comunidade entre funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial, anunciado por Resolución do 10 de marzo de 2009.
O mesmo día esta dirección xeral remitirá por correo as credenciais de cesamento aos destinos actuais e as de nomeamento aos destinos adxudicados. A formalización do cesamento e da toma posesión realizaranse en cinco exemplares diante do director funcional das unidades de destino (cesamento) e de adxudicación (toma de posesión). En cada envío achégase unha listaxe de enderezos dos departamentos administrativos a onde deben remitirse as credenciais (unha ao servizo de Xustiza do departamento territorial, unha á Dirección Xeral de Xustiza e unha ao Rexistro Central de Persoal do Ministerio de Xustiza); un dos exemplares é para entregarlle ao interesado e outro para a unidade correspondente.Cómpre advertir que se entenderán prorrogados ata o día seguinte hábil os prazos para tomar posesión que finalicen un domingo.
CANDO PODEN TOMAR POSESIÓN OS REINGRESADOS?Con motivo da vindeira publicación da resolución do concurso de traslados, informamos aos funcionarios do corpo de auxilio xudicial que obteñan praza no corpo de tramitación de que o primeiro día para tomar posesión será o vinte de outubro.Para os funcionarios do corpo de tramitación que obteñan praza no corpo de xestión, o primeiro día para tomar posesión será o vinte e sete de outubro.
CANDO SE PROLONGAN OS PRAZOS POSESORIOS?Con motivo da próxima publicación da resolución do concurso de traslados, cómpre informar aos funcionarios que teñan concedidas vacacións, permisos ou licenzas con data do 15 de outubro de 2009 do seguinte:a) Cando o gozo da vacación, permiso ou licenza comezase antes do día do cesamento (ou incluso o mesmo día, é dicir, o día 19 de outubro para os tramitadores e o 26 de outubro para os xestores e auxiliares), entenderase que o prazo de posesión non comeza a contar ata o remate das vacacións, permiso ou licenza.b) Cando o gozo da vacación, permiso ou licenza comezase despois do día 20 de outubro para os tramitadores e do día 27 de outubro para os xestores e auxiliares, non se producirá a interrupción do prazo de posesión.