
CONCURSO OPOSICIÓN: CÓMO SOLICITAR A DEVOLUCIÓN DAS TASAS POLOS EXÁMES NA MESMA DATA PARA AUXILIO, TRAMITACIÓN E XESTIÓN
Publicada no BOE de 4 de decembro de 2023, a Orde onde se convocan a todos os aspirantes á realización DE TODOS OS EXAMES DOS TRES CORPOS NO MESMO DÍA (2 DE MARZO DE 2024, ÁS 9:00 HORAS.
Unha medida sen precedentes e de graves consecuencias para os opositores e que rompe co principio de igualdade de oportunidades e de non discriminación previsto na Constitución, dado que os que utilicen reserva de nota poderán optar ás tres oposicións. Ademais, non se cumpre cos principios para a selección no emprego público de mérito e capacidade, igualdade e publicidade, que esixe a Constitución.
¿Pódese solicitar a devolución das tasas? Entendemos que si, dado que so se exclúe a devolución por causa imputable ao aspirante ou inasistencia ao exercicio. A inasistencia é imputable á administración.
Deixamosvos a ligazón onde atoparedes o modelo de solicitude e instrucións de devolución de tasas: https://sede.administracionespublicas.gob.es/pagina/index/directorio/devolucion_tasas


















