COMDIX: PUBLICADA NO DOGA A RESOLUCIÓN POLA QUE SE CONVOCA un curso para A obtención DA CERTIFICACIÓN GALEGA EN COMPETENCIAS DIXITAIS (COMDIX), NO SEU NIVEL DE INICIACIÓN, NA MODALIDADE DE TELEFORMACIÓN TITORIZADA.
1. Número de prazas: 300.
2. Duración: 250 horas lectivas.
3. Modalidade: teleformación titorizada con aproveitamento activo e avaliación continua, a través da plataforma de teleformación da rede CeMIT.
4. Datas de realización: desde o 26 de maio ata 28 de decembro de 2025, como máximo.
5.-Solicitudes de participación
1. As persoas que desexen participar no curso convocado nesta resolución deberán ser maiores de 16 anos e inscribirse na páxina web da rede CeMIT https://cemit.xunta.gal
2. Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da rede CeMIT no enderezo electrónico https://aulascemit.xunta.es/usuarios, para o cal é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.
3. O prazo para a inscrición será de dez (10) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
AMPLIA INFORMACIÓN NO DOGA
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250423/AnuncioG0177-110425-0001_gl.html



















