PROVINCIA DE PONTEVEDRA
Este mércores 19 de maio 2021 a Dirección Xeral autorizou a cobertura, por medio de chamamento telefónico /SEPE das seguintes prazas dos corpos de tramitación e auxilio, por non existir a ratio de dúas persoas por praza:
TRAMITACIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA (1)
Xulgado do Social N. 4 Vigo -IT
AUXILIO XUDICIAL (2)
Xulgado de Paz de Salceda de Caselas -IT-(Zona Única)
(1) Segundo recolle o punto 5 do artigo 6 da orde do 4 de outubro de 2018 sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, “ No caso de se esgotar tamén a bolsa de reserva, e mentres non se formen novas bolsas, ofreceráselles a posibilidade de aceptar voluntariamente o nomeamento aos integrantes da bolsa do corpo inmediatamente superior, e subsidiariamente aos do corpo inmediatamente inferior que posúan os requisitos exixidos para o posto concreto”.
(2) Segundo o establecido na disposición adicional segunda, punto 3 da ORDE do 4 de outubro de 2018 sobre selección e nomeamento de interinos para cubrir postos de funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia: “ de se esgotaren dentro dunha bolsa os integrantes dunha zona concreta de preferencia, os pertencentes dentro da mesma provincia á outra zona de preferencia estarán obrigados, …a aceptaren o chamamento para a outra zona de preferencia”.
PROVINCIA DE LUGO
TRAMITACIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA
- Xulgado de Primeira Instancia nº 5 de Lugo.
- Xulgado do Penal nº 1 de Lugo.
As duas prazas serán ofertadas a través do SPEG
SPJ-USO: Os teus DEREITOS, o noso TRABALLO!!!



















