
ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DAS COMISIÓNS DE SERVIZO DE GALICIA OFERTADAS O DÍA 23.10.2025!!!
Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións provisionais de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados o 23/10/2025.
O 23 de outubro de 2025 publicouse na intranet de Xustiza e máis na web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza.
O prazo de presentación de solicitudes é de cinco días hábiles desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria (do 24/10/2025 ata o 30/10/2025).
De conformidade co artigo 11 da Resolución do 21 de marzo de 2022, as persoas interesadas poderán formular reclamacións no prazo de 3 días hábiles contado desde a publicación desta resolución na intranet de Xustiza e mais na web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes modificada pola Resolución do 2 de setembro de 2024 e pola Resolución do 10 de outubro de 2024 .
Accede á resolución pinchando no seguinte enlace: 

https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:f783da7b-84b2-40ba-9b92-d0265e07584a


















