ACCIÓN SOCIAL 2026 – LISTAXES DEFINITIVAS NO DOG DE 23/10.

A DXX informa a SPJ-USO que a publicación da «Resolución do 09 de outubro de 2026 da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2026 para o persoal ao servizo da administración de xustiza con destino na comunidade autónoma de Galicia» está prevista para o  23/10/2026.

Os datos definitivos que nos proporcionou a DXX son os seguintes:
🔴 NÚMERO TOTAL DE SOLICITUDES PRESENTADAS: 143
🔴 SOLICITUDES ADMITIDAS: 141 máis 1 parcialmente
🔴 SOLICITUDES DENEGADAS : 1

As cantidades que se percibirán serán as seguintes:
☑️ Tramo 1 do 33 % ao 64 %: 87,29 €
☑️ Tramo 2 do 65 % ao 74 %: 174,59 €
☑️ Tramo 3 do 75 % en diante: 349,18 €

A data de pagamento será como sempre ao longo do mes de novembro.

Dende SPJ-USO denunciamos que a Xunta de Galicia manteña, un ano máis, os recortes na convocatoria de acción social para o noso colectivo e tentaremos que por tódolos medios ó noso alcance recuperar outros programas de acción social como son fillos, estudios, transporte, etc.
Igualmente SPJ-USO segue manténdose firme na loita pola subida da porcentaxe da masa salarial destinada a este fin ata alcanzar o 1 %.

POR UNHA ACCIÓN SOCIAL DIGNA‼️

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.