SPJ-USO ESIXE Á DXX O INCREMENTO E NEGOCIACIÓN DOS CADROS DE PERSOAL (XESTORES, TRAMITADORES E AUXILIOS) POLA CREACIÓN DE NOVAS PRAZAS XUDICIAIS E FISCAIS EN GALICIAFISCAIS EN GALICIA

spjinforma

SPJ-USO ESIXE Á DXX O INCREMENTO E NEGOCIACIÓN DOS CADROS DE PERSOAL (XESTORES, TRAMITADORES E AUXILIOS) POLA CREACIÓN DE NOVAS PRAZAS XUDICIAIS E FISCAIS EN GALICIA.

ℹ️➡️ Os reais decretos 559/2026 https://share.google/B7LLiZs9rZB79BfEI e 560/2026, do 8 de xullo https://share.google/D9Hs34Zf8PywRFje7, crean en Galicia 19 novas prazas xudiciais e 7 prazas fiscais.

⚫ NO REFERNTE A GALICIA:

📍PONTEVEDRA
– Unha praza de maxistrado ou maxistrada na Sección 3ª da Audiencia Provincial de Pontevedra, correspondente á orde civil.
– Praza número 1 da Sección de Violencia sobre a Muller do Tribunal de Instancia de Pontevedra.
– Unha praza de maxistrado ou maxistrada na Sección 6ª da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, correspondente á orde civil.
– Praza número 5 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo.
– Praza número 4 da Sección do Mercantil do Tribunal de Instancia de Pontevedra, con sede en Vigo.
– Praza número 8 da Sección de Instrución do Tribunal de Instancia de Vigo.

📍A Coruña
– Dúas prazas no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
– Unha praza de maxistrado ou maxistrada na Sección 3ª da Audiencia Provincial da Coruña, correspondente á orde civil.
– Unha praza de maxistrado ou maxistrada na Sección 4ª da Audiencia Provincial da Coruña, correspondente á orde civil.
– Praza número 3 da Sección Civil do Tribunal de Instancia da Coruña.
– Praza número 10 da Sección Civil do Tribunal de Instancia da Coruña.
– Praza número 15 da Sección Civil do Tribunal de Instancia da Coruña.
– Praza número 8 da Sección de Instrución do Tribunal de Instancia da Coruña.
– Praza número 6 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Santiago de Compostela.
– Praza número 2 da Sección de Familia, Infancia e Capacidade do Tribunal de Instancia de Santiago de Compostela.
– Praza número 6 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Ferrol.
📍OURENSE
– Praza número 6 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Ourense.
📍LUGO
– Praza número 1 da Sección de Violencia sobre a Muller do Tribunal de Instancia de Lugo.
⚫ Igualmente para Galicia corresponden sete prazas de fiscais:
– Unha praza de segunda categoría na Fiscalía Provincial da *Coruña.*
– Unha praza de segunda categoría na Fiscalía de Área de *Santiago de Compostela.
– Unha praza de segunda categoría na Fiscalía Provincial de Lugo.
– Unha praza de segunda categoría na Fiscalía Provincial de Ourense.
– Dúas prazas de segunda categoría na Fiscalía Provincial de Pontevedra.
– Unha praza de segunda categoría na Fiscalía de Área de Vigo.
📣📣 A creación de novas prazas de xuíces, xuízas e fiscais non pode limitarse ao nomeamento dos seus titulares. Para que exista unha mellora real do servizo público é imprescindible incrementar os cadros de persoal de Xestión, Tramitación e Auxilio Xudicial, así como dotar o persoal letrado e os apoios necesarios.
👉 A proximidade da primeira data de efectividade obriga a negociar de inmediato as modificacións das RPT, a dotación orzamentaria, o sistema de provisión e os reforzos transitorios.
🔊🔊 SPJ-USO solicita:
☑️ A convocatoria urxente dunha Mesa Sectorial extraordinaria.
☑️ A entrega previa dunha memoria técnica e orzamentaria e dun cadro comparativo entre as RPT actuais e as propostas.
☑️ A creación dun número suficiente de postos netos, estruturais e adaptados ás necesidades reais de cada servizo.
☑️
Un plan específico de apoio para os dous xuíces ou xuízas de adscrición territorial do TSXG.
⛔ Que as novas prazas non se cubran mediante amortizacións, supresións ou redistribucións de persoal doutras oficinas.
☑️ O nomeamento de reforzos suficientes ata a cobertura definitiva dos postos.
☑️ A celebración de mesas de seguimento antes das seguintes fases de entrada en funcionamento.
🚫⚠️ Non aceptaremos que a creación de novos órganos se realice debilitando oficinas que xa soportan cargas de traballo elevadas.
Accede ao escrito e ao xustificante de presentación:
Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.