📢🔊 MOI IMPORTANTE: DATOS SOBRE A PROPORCIÓN DO PERSONAL DAS UNIDADES ACTUAIS SEGUNDO A SÚA TIPOLOXÍA, DE CARA Á SÚA PROXECCION NOS SERVIZOS COMÚNS DA NUMO‼️

DATOS SOBRE A PROPORCIÓN DO PERSONAL DAS UNIDADES ACTUAIS SEGUNDO A SÚA TIPOLOXÍA, DE CARA Á SÚA PROXECCION NOS SERVIZOS COMÚNS DA NUMO

A DXX acaba de remitirnos, de conformidade co establecido na disposición transitoria primeira do RD 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de Ingreso, Provisión de Postos de Traballo e Promoción Profesional do Persoal Funcionario ao Servizo da Administración de Xustiza, “Proceso de acoplamento dos funcionarios dos corpos ao servizo da Administración de Xustiza”, os datos sobre a proporción do persoal das unidades actuais segundo a súa tipoloxía, de cara á súa proxeción nos servizos común de destino en idéntica proporción.

 Respecto do proceso de confirmación, a Administración adxudicará de oficio os postos de traballo dos centros de destino, cuxas funcións e competencias teñan carácter de continuidade na nova estrutura organizativa que se despregue, se existe un número igual ou menor de funcionarios destinados en postos de orixe, que poidan ser axustados en postos de traballo da correspondente unidade organizativa da nova estrutura.

A confirmación realizarase nos postos de traballo incluídos na RPT para cada corpo funcionariado, tendo en conta a distribución do persoal destinado nos xulgados ou servizos comúns de orixe segundo a súa tipoloxía, a fin de que se proxecte nos servizos comúns de destino en idéntica proporción. A tal efecto a Administración establecerá a porcentaxe correspondente segundo a distribución actual (contencioso-administrativo, social, familia, instrución, penal, menores ou vixilancia penitenciaria), e confirmará en idéntica proporción na área que corresponda.

Móstranse a continuación, as ditas porcentaxes, para cuxo cálculo se tivo en conta:

  • O persoal dos xulgados exclusivos de VSM non entran na porcentaxe.
  • O persoal de vixilancia penitenciaria, de conformidade co establecido nos modelos de organización da oficina xudicial recollidos no Anexo I da resolución do 23 de abril do 2025 da Dirección xeral de xustiza pola que se acorda o deseño e a estrutura da oficina xudicial para os tribunais de instancia e os tribunais colexiados, de conformidade coas previsións contidas na Lei orgánica 1/2025 do 2 de xaneiro, a área penal do SCEX esténdese a toda a orde xurisdicional penal, agás, se é o caso, a vixilancia penitenciaria (é dicir, que o persoal de vixilancia penitenciaria non entra na distribución do persoal do SCEX, senón unicamente no SCT).
  • Por último, para aqueles casos nos que a aplicación da porcentaxe establecida dea como resultado un valor menor a 0,5 axustaranse as porcentaxes das distintas tipoloxías de forma proporcional para que a dotación mínima dunha persoa se vexa asegurada.

Amplía información e accede ós datos: ⤵️⤵️

🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:5e1ee25b-947d-4ca0-a992-49ab773e67ad

SPJ-USO: Sindicato MAIORITARIO na XUSTIZA ⚖️ Galega!!!
FEITOS, non palabras!!!

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.