A DXX comunícanos que a publicación no DOGA da «RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2024 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia» 📆 está prevista para o 5/6/2024.
É vergoñento que a Xunta de Galicia manteña un ano mais os recortes na convocatoria de acción social para o noso colectivo, como vos temos informado, e tentaremos por tódolos medios ó noso alcance recuperar outros programas de acción social como son fillos, estudios, enfermidade de Kron, etc…..
Igualmente seguiremos loitando pola subida da porcentaxe de masa salarial destinada a este fin para que se eleve al 1%
POR UNHA ACCIÓN SOCIAL DIGNA‼️


















