Archivo diario: 04/10/2024

PROPOSTA DE MODIFICACIÓN DA NORMATIVA SOBRE COMISIÓNS DE SERVIZO E SUBSTITUCIÓNS

PROPOSTA DA DIRECCION XERAL DE XUSTIZA DE MODIFICACIÓN DA REGULACIÓN SOBRE COMISIÓNS DE SERVIZO E SUBSTITUCIÓNS EN BASE A SENTENCIAS FIRMES DO TSXG‼️

📢🔊 En virtude das sentenzas 00399/2023 e 00638/2024, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e unha vez comunicada a firmeza da sentenza 00399/2023 cómpre a súa execución.

📣 A DXX remítenos o borrador de resolución pola que se modifican as Resolucións do 21 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se establecen criterios para a cobertura de postos de traballo mediante comisión de servizos no ámbito da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia e a Resolución do Resolución do 18 de maio de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regulan as substitucións entre persoal funcionario no ámbito da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.

👉 As organizacións sindicais dispoñemos dun prazo de 3 días hábiles para realizar achegas.

Achegámosvos o borrador da nova normativa ⤵️

Proposta de Modificación da Resolución que recuga as COMISIÓNS DE SERVIZOS E AS SUBSTITUCIÓNS

Accede ás sentencias firmes do TSXG ⤵️

Sentenza 399-2023_PO 197-2022_TSXG

Sentenza 638-24_PO 67-24_TSXG

 

 

 

NOVAS SUBSTITUCIÓNS ENTRE TITULARES 3-10-24

 

SUBSTITUCIÓNSNOVAS SUBSTITUCIÓNS ENTRE TITULARES➖03/10/24!!!

ℹ️➡️ Publicados novos avisos de desocupación de postos na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/concursos-e-provision
🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:26f4b13d-a96a-4b7c-b2f5-97909aa7a7e6

🔴 PRAZO DE SOLICITUDES: O prazo de presentación de solicitudes será de tres  días hábiles desde o día seguinte ao da publicación (4, 7 e 8 de outubro).

🔴 MODELO DE SOLICITUDE: Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de xustiza (OPAX), no sitio web https://opax.xunta.es

🔴 As prazas ofértanse conxúntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estean en situación de servizo activo.

👉 O persoal funcionario que na data da respectiva convocatoria estea a desempeñar un posto en comisión de servizos ou substitución poderá participar na dita convocatoria sempre que leve máis de seis meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.

👉 Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais; Cando haxa varias persoas interesadas do corpo inferior, terá preferencia para realizar a substitución a persoa destinada dentro do mesmo centro de destino. De haber máis dunha persoa interesada que reúna os requisitos establecidos para o desempeño do posto, terá preferencia a que teña maior tempo de servizos prestados no centro de destino, atendendo, se for o caso, á orde xurisdicional e, de existir empate, quen teña maior antigüidade no corpo.

▪️ Accede á normativa 2022 que regula as substitucións: https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2022/06/SUBSTITUCIONS-normativa-2022-x.pdf

🔴 Postos de traballo ofertados: Os relacionados no Anexo I da resolución, coa indicación da causa que motiva a ausencia do seu titular.

▪️ Adxuntamos arquivo coas SUBSTITUCIÓNS OFERTADAS. ⤵️

🔗https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:26f4b13d-a96a-4b7c-b2f5-97909aa7a7e6

IMPORTANTE – COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO ACORDO DE 2018

COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO ACORDO DE 2018 ENTRE A DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA E OS SINDICATOS SPJ-USO, UXT e CCOO – 1 de OUTUBRO 2024

🔴 CREACIÓN DE PRAZAS 2025
🔴NOVA APERTURA DOS GRAOS EXTRAORDINARIOS 1, 2 E 3 DE CARREIRA PROFESIONAL.
🔴 CLÁUSULA DE REVISIÓN DO CAT/C.E.
🔴 COMPLEMENTO PARA OS XULGADOS DE VIOLENCIA.

▪️ Accede á información  ⤵️⤵️

Accede á circular SPJ-USO – COMISIÓN DE SEGUIMENTO 1-10

 

OPOSICIÓNS-LETRADOS DA ADMON XUSTIZA

Orde PJC/1061/2024, do 1 de outubro, pola que se modifica a Orde PJC/649/2024, do 25 de xuño, pola que se nomean tribunais cualificadores do proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre e promoción interna, no Corpo de Letrados da Administración de Xustiza, convocado por Orde PJC/215/2024, do 20 de febreiro

*Accede a resolución: ⤵️⤵️
🔗
Disposición 20009 del BOE núm. 240 de 2024