Archivo diario: 18/10/2024

CONVOCATORIA DA COMISIÓN DE ACCIÓN SOCIAL 2024

A DXX  ven de convocarnos para a celebración, a través do sistema de videoconferencia, da comisión de acción social o vindeiro 23/10/2024 ás 11,30 horas.

A ORDE DO DÍA É A SEGUINTE:

  1. Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior.
  2. Listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2024.

SUBSTITUCIÓNS – NOVAS PRAZAS OFERTADAS 18/10/2024

SUBSTITUCIÓNS

Publicados novos avisos de desocupación de postos na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería.

PRAZO DE SOLICITUDES: O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DIAS HÁBILES desde o día seguinte ao da publicación (21, 22 e 23 de OUTUBRO). 

MODELO DE SOLICITUDE: Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de xustiza (OPAX), no sitio web https://opax.xunta.es

As prazas ofértanse conxúntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estean en situación de servizo activo.

O persoal funcionario que na data da respectiva convocatoria estea a desempeñar un posto en comisión de servizos ou substitución poderá participar na dita convocatoria sempre que leve máis de seis meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.

Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais; Cando haxa varias persoas interesadas do corpo inferior, terá preferencia para realizar a substitución a persoa destinada dentro do mesmo centro de destino. De haber máis dunha persoa interesada que reúna os requisitos establecidos para o desempeño do posto, terá preferencia a que teña maior tempo de servizos prestados no centro de destino, atendendo, se for o caso, á orde xurisdicional e, de existir empate, quen teña maior antigüidade no corpo.

▪️ Accede á normativa 2022 que regula as substitucións:

https://spjusogalicia.com/2022/06/SUBSTITUCIONS-normativa-2022-x.pdf

🔴 POSTOS DE TRABALLO OFERTADOS: Os relacionados no Anexo I da resolución, coa indicación da causa que motiva a ausencia do seu titular

https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:5eb9a108-1112-4080-b2f3-ee85aea487f8

 

 

 

 

COMISIÓNS DE SERVIZOS ➖ GALICIA 📆 18/10(2024 ➖ PUBLICADA A RESOLUCIÓN PROVISIONAL‼️

COMISIÓN DE SERVIZOPublicada na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería (https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo) a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións provisionais de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados o 📆 9/10/2024: 

convocatoria do 9/10/2024 comisións de servizo en Galicia

Contra a dita resolución provisoria, as persoas interesadas poderán formular reclamacións no prazo de 3⃣ días hábiles.

▪️ Amplía información e accede á resolución: ⤵️⤵️

🔗https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:5eb9a108-1112-4080-b2f3-ee85aea487f8

RELACIÓN DE FIESTAS LABORALES PARA EL AÑO 2025

Publicada en el Boe de hoy la Resolución de 15 de octubre de 2024 , de la Dirección General de Trabajo por la que se determinan la relación de fiestas laborales para el año 2025.

Accede a la resolución en el siguiente enlace:

https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2024-21316