Archivo diario: 28/10/2024

IMPORTANTE: ACLARACIÓNS SOBRE AS COMISIÓNS DE SERVIZO E SUBSTITUCIÓNS‼️

spjinformaTrala publicación no DOGA da modificación das Comisións de Servizo como consecuencia da sentencias firmes do TSXG, e despois da publicación nas últimas semanas de ofertas de prazas de persoal interino por un lado, de substitucións por outro e de Comisións de servizos, e ante a multitude de consultas efectuadas pola interpretación das sentencias e da nova normativa ACLARAMOS:

🔴 Sólo se poderán convocar para a súa cobertura mediante Comisións de Servizos as prazas que se encontren vacantes “puras”, polo que non se poderá considerar como vacante ningún posto que teña un titular para quén se reserve a praza. En consecuencia do anterior,  elimínase das prazas que se poderán convocar a Comisión de servizo as “Excedencias voluntarias por coidado de fillos ou familiares” así como as “liberacións sindicais” (que se ofertarán a SUBSTITUCIÓN).

🔴Seguiránse convocando para a súa provisión en Comisión de Servizo as prazas que se encontren nas situacións seguintes: a) Perda da condición de funcionario/a b) Praza cuxo titular estea en servizos especiais c) Excedencia voluntaria por interese particular d) Excedencia voluntaria por agrupación familiar e) Excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público f) Praza de nova creación g) Prazas que quedasen vacantes ou desertas no concurso de traslados.

🔴 Respecto das PRAZAS QUE NON SE CUBREN TRAS OFERTARSE EN COMISIÓN DE SERVIZOS, non se poderán ofertar en SUBSTITUCIÓN (como se facía ata agora) e SERÁN CUBERTAS DIRECTAMENTE POR PERSOAL INTERINO.

SÍ SE OFERTARÁN A SUBSTITUCIÓN AS PRAZAS DESOCUPADAS COMO CONSECUENCIA DE QUE O SEU TITULAR SE VAIA EN COMISIÓN DE SERVIZOS.

⚫Polo tanto, ofertaranse a SUBSTITUCIÓN, ADEMAIS DAS ANTERIORES, as prazas cuxo titular estéa en LICENCIAS (incluída licencia por enfermidade) e PERMISOS DE LONGA DURACIÓN, as LIBERACIÓNS SINDICAIS e as EXCEDENCIAS POR COIDADOS DE FILLOS OU FAMILIARES.

👉 E ofertaránse directamente a PERSOAL INTERINO as PRAZAS NON OCUPADAS TRAS SER OFERTADAS A COMISIÓN DE SERVIZOS.

▪️ Para calquera dúbida ou aclaración contacta co teu delegado sindical de SPJ-USO.

CURSOS CELGAS 2,3 E 4 REALIZACIÓN DAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS

 Publicada no DOG de hoxe a RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2024, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, que foron convocadas mediante a Resolución do 3 de setembro de 2024 .

Accede a dita Resolución no seguinte enlace:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20241028/AnuncioG0766-211024-0003_gl.html