RESUMO DA PRÓXIMA MODIFICACIÓN DA NORMATIVA QUE REGULA AS COMISIÓNS DE SERVIZO E AS SUBSTITUCIÓNS NA XUSTIZA GALEGA EN BASE A SENTENCIAS FIRMES DO TSXG
Accede á CIRCULAR INFORMATIVA MODIFICACIÓN COMISIÓNS DE SERVIZO E SUBSTITUCIÓNS
Antes de entrar a explicar o fondo do asunto, aclarar que SPJ-USO, como Sindicato Maioritario impulsou a regulación actual da normativa de Comisións de Servizo e Substitucións, e defendeu e defende o teor literal de ambas normativas en base a que favorece o interese xeral dos funcionarios da Administración de Xustiza, e dende este sindicato sempre fomos mais partidarios de “CONSTRUIR” que de “DESTRUIR” impugnando xudicialmente calquera normativa e defendendo casos particulares en lugar de defender o interese xeral.
Pois ben, en base a sentenzas 00399/2023 e 00638/2024, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, impulsadas ambas por organizacións sindicais en defensa de intereses particulares, próximamente dictarase pola DXX modificación da normativa actual que suporá:
- Sólo se poderán convocar para a súa cobertura mediante Comisións de Servizos as prazas que se encontren vacantes “puras”, polo que non se poderá considerar como vacante ningún posto que teña un titular para quén se reserve a praza.
- En consecuencia do punto anterior, elimínase das prazas que se poderán convocar a Comisión de servizo as “Excedencias voluntarias por coidado de fillos ou familiares” así como as “liberacións sindicais”.
- Seguiránse convocando para a súa provisión en Comisión de Servizo as prazas que se encontren nas situacións seguintes: a) Perda da condición de funcionario/a b) Praza cuxo titular estea en servizos especiais c) Excedencia voluntaria por interese particular d) Excedencia voluntaria por agrupación familiar e) Excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público f) Praza de nova creación g) Prazas que quedasen vacantes ou desertas no concurso de traslados
- Respecto das prazas que quedan DESOCUPADAS COMO CONSECUENCIA DE QUE O SEU TITULAR SE VAIA EN COMISIÓN DE SERVIZOS, ASÍ COMO AS PRAZAS QUE NON SE CUBREN TRAS OFERTARSE EN COMISIÓN DE SERVIZOS:
- Xa non se poderán ofertar en SUBSTITUCIÓN (como se facía ata agora) e SERÁN CUBERTAS DIRECTAMENTE POR PERSOAL INTERINO. Ata agora neses supostos as prazas ofertábanse en SUBSTITUCIÓN, e as prazas que quedaban desocupadas como consecuencia das Substitucións cubríanse por persoal interino, habendo posibilidades para todos, TITULARES E INTERINOS.
- Polo tanto, ofertaranse a SUBSTITUCIÓN as prazas cuxo titular estéa en LICENCIAS (incluída licencia por enfermidade) e PERMISOS DE LONGA DURACIÓN.
- E ofertaránse directamente a PERSOAL INTERINO as PRAZAS NON OCUPADAS TRAS SER OFERTADAS A COMISIÓN DE SERVIZOS E PRAZAS DESOCUPADAS POR ESTAR O SEU TITULAR EN COMISIÓN DE SERVIZOS.
A publicación e entrada en vigor da nova normativa será en breve, sen data concreta.
Para calquera dúbida ou aclaración contacta co teu Delegado Sindical de SPJ-USO!!!
SPJ-USO: OS TEUS DEREITOS, O NOSO TRABALLO!!!
Me gusta esto:
Me gusta Cargando...