
Hoxe día 23 de outubro 2024 mantivemos reunión coa DXX na cal se nos deu a coñecer os datos das LISTAXES DEFINITIVAS das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano en curso.
Os datos definitivos que nos proporcionou a DXX son os seguintes:
- NÚMERO TOTAL DE SOLICITUDES PRESENTADAS: 140
- SOLICITUDES ADMITIDAS: 138
- SOLICITUDES DENEGADAS : 2
As cantidades que se percibirán serán as seguintes:
- Tramo 1 do 33 % ao 64 %: 94,85 €
- Tramo 2 do 65 % ao 74 %: 189,71 €
- Tramo 3 do 75 % en diante: 379,41 €
Asimesmo, a DXX infórmanos de que no día de hoxe será remitido o DOG.
A data de pagamento será ao longo do mes de novembro.
Dende SPJ-USO denunciamos que a Xunta de Galicia manteña, un ano máis, os recortes na convocatoria de acción social para o noso colectivo e tentaremos que por tódolos medios ó noso alcance recuperar outros programas de acción social como son fillos, estudios, transporte, etc.
Igualmente SPJ-USO segue manténdose firme na loita pola subida da porcentaxe da masa salarial destinada a este fin ata alcanzar o 1 %.
POR UNHA ACCIÓN SOCIAL DIGNA!!!!
Me gusta esto:
Me gusta Cargando...
Publicado en ACCIÓN SOCIAL