Archivo diario: 07/05/2024

SPJ-USO DENUNCIA O MAL FUNCIONAMENTO DAS PROLONGACIÓNS DE XORNADA DE FORMACIÓN E ESIXE Á DXX UNHAS NORMAS CLARAS SOBRE AS CONCESIÓNS OU DENEGACIÓNS DAS MESMAS SEN QUEDAR Ó CAPRICHO DA ADMINISTRACIÓN!!!

Respecto da FORMACIÓN RETRIBUÍDA MEDIANTE PROLONGACIÓN DE XORNADA DOS NOVOS FUNCIONARIOS (TITULARES E INTERINOS), fai pouco mais de un ano que se puxo en funcionamento este sistema, sendo as titorías retribuídas para formación unha histórica reivindicación comandada dende hai anos por SPJ-USO, que por fin viu a luz, e acordándose facelas mediante  prolongacións de xornada por un mes prorrogable a 2 meses (en casos xustificados) con preferencia entre funcionarios do mesmo órgano (de haber varios interesados será o letrado o que propoña a un dos solicitantes) e a solicitude motivada do letrado que se  remitirá á Dirección Xeral de Xustiza, baseada na chegada de funcionarios sen experiencia ou similar, e na que se proporá ó candidato á prolongación.

Acordouse igualmente na mesa sectorial de Xustiza que ó rematar a prolongación deberase remitir “certificación mensual do LAX que acredite a realización do traballo vía mail.

Pois ben, dende SPJ-USO poñemos en coñecemento da DXX que o sistema acordado nun primeiro momento funcionou bastante correctamente, mais vimos detectando nos últimos tempos que a arbitrariedade na concesión ou denegación das prolongacións de xornada estase impoñendo entre os criterios desa DXX e estanse a denegar prolongacións con excusas tan inauditas como “o funcionario ten experiencia no corpo” cando non se ten experiencia previa na orde xurisdiccional, ou “o funcionario nomeado aprobou outra oposición e probablemente dure pouco no destino”, que mais que un criterio parece unha excusa.

En resumo, que á vista de que na actualidade se están a denegar multitude de prolongacións de xornada de formación, e achegándose a toma de posesión no concurso de traslados tamén de novos funcionarios, solicitamos se convoque mesa sectorial para negociación dos criterios a aplicar na concesión/denegación destas prolongacións, ou noutro caso se publiquen unhas instruccións claras ás que aterse, para que non siga a pasar a realidade actual, que é que  logo de formar a un compañeiro, e dado que a DXX non notifica a denegación da prolongación, e ademais a prolongación retribúese e cúmprese no mes natural seguinte á incorporación do novo funcionario, resulta que non se recibe compensación algunha por esa  formación.

Solicitamos uns criterios claros e unha resposta áxil da DXX nas concesións/denegacións das prolongacións de xornada.

Amplía información e accede ó Escrito Prolongacións de Xornada

Xustificante de presentación escrito Sede-e Xunta

CONVOCATORIA A TRAVÉS DE VIDEOCONFERENCIA DA COMISIÓN DE ACCIÓN SOCIAL 2024

 

 

Convócase para a celebración, a través do sistema de videoconferencia, da comisión de acción social, na data e hora que se indica:

  • Data: 14/05/2024
  • Hora: 10:00 h.

ORDE DO DÍA:

  1. Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior.
  2. Convocatoria e criterios de repartición do Fondo de Acción Social 2024.

 

ADXUDICACIÓNS DE SUBSTITUCIÓNS – 7/5/2024‼️

Publicada na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/concursos-e-provision a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve a última convocatoria de provisión temporal de postos de traballo mediante o sistema de substitución ofertadas o 25/4.

▪️ Amplía información: ⤵️⤵️

🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:caa92908-3cee-43f3-8fe0-c08b92b09360

 

EGAP – CONVOCADOS CURSOS DE LINGUAXE XURÍDICA GALEGA PARA O PERSONAL AO SERVIZO DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA DE FORA DE GALIZA, ANO 2024‼️

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2024 pola que se convocan cursos de linguaxe xurídica galega para o persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.

Accede: GALEGO XURÍDICO FÓRA DE GALICIA 2024 – CONVOCATORIA

Obxecto: Impulsar a normalización lingüística na Administración de xustiza,

Número de prazas: O número de prazas de cada curso será de 25.

Modalidade: Teleformación

Horas: 75

Datas de realización dos cursos: 02/09/2024 a 03/11/2024.
Data do exame final: 09/11/2024.

Solicitudes:  ata o 20 de maio de 2024 https://egap.xunta.gal/matricula

Sigue leyendo