Archivo diario: 31/05/2024

COMISIÓNS DE SERVIZO: DUAS PRAZAS NO INSTITUTO DE MEDICINA LEGAL (FORENSES)

➡️ Hoxe publícase na Intranet de xustiza e na páxina web da Consellería (https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo) a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convoca a provisión en Comisión de Servizo de dous postos de traballo entre persoal funcionario da Administración de Xustiza.

PRAZAS OFERTADAS:

  • Xefe/a de sección área de patoloxía forense.
  • Subdirector/a na Subdirección Territorial de Lugo.

Prazo e modo de presentación das solicitudes:

O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet de xustiza (http://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (https://cpapx.xunta.gal/comisions-de-servizo).

Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es de conformidade co artigo 6 da Resolución do 21 de marzo de 2022.

▪️ Amplía información e accede ás prazas ofertadas, Pica Aquí.

 

SUBSTITUCIÓNS: NOVAS PRAZAS OFERTADAS – 31.05.2024

📢🔊 NOVAS SUBSTITUCIÓNS ENTRE TITULARES ➖ 📆 31/5/2024‼️

ℹ️➡️Publicados novos avisos de desocupación de postos na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería

🔗 https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/concursos-e-provision

🔗https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2024/05/20240531_ResolucionNovas_Subst.pdf

🔴 PRAZO DE SOLICITUDES: O prazo de presentación de solicitudes será de tres días hábiles desde o día seguinte ao da publicación  (3, 4 e 5 de xuño).

🔴 Modelo de solicitude: Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de xustiza (OPAX), no sitio web https://opax.xunta.es

🔴 As prazas ofértanse conxúntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estean en situación de servizo activo.
👉 O persoal funcionario que na data da respectiva convocatoria estea a desempeñar un posto en comisión de servizos ou substitución poderá participar na dita convocatoria sempre que leve máis de seis meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.
👉 Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais; Cando haxa varias persoas interesadas do corpo inferior, terá preferencia para realizar a substitución a persoa destinada dentro do mesmo centro de destino. De haber máis dunha persoa interesada que reúna os requisitos establecidos para o desempeño do posto, terá preferencia a que teña maior tempo de servizos prestados no centro de destino, atendendo, se for o caso, á orde xurisdicional e, de existir empate, quen teña maior antigüidade no corpo.

▪️ Accede á normativa 2022 que regula as substitucións:

https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2022/06/SUBSTITUCIONS-normativa-2022-x.pdf

🔴 Postos de traballo ofertados: Os relacionados no Anexo I da resolución, coa indicación da causa que motiva a ausencia do seu titular.

ANEXO I⤵️:⤵️⤵️

MEDICOS FORENSES: PRAZAS QUE SE OFERTAN A OS QUE SUPERARON O PROCESO SELECTIVO

A Dirección Xeral de Xustiza acheganos a relación de prazas do corpo de médicos forenses que se ofrecerán ás persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola ORDE JUS/1287/2022, do 22 de decembro.


LISTAXE DE PRAZAS PICA AQUÍ

 

AUXILIO JUDICIAL ORD. JUS 1327/2022 CONCURSO OPOSICIÓN: CORRECCIÓN DE ERRORES DE LOS LISTADOS

Publicado en la página web del Ministerio, corrección de errores en los listados publicados el 29 de mayo correspondientes a los ejercicios de Cataluña Asturias y Navarra. SE ACUERDA DEJARLOS SIN EFECTO Y PUBLICAR LOS LISTADOS VÁLIDOS RESPECTIVOS EN ESTOS ÁMBITOS.

  • Aptos del 1º y 2º ejercicio de Cataluña.
  • Aptos del 2º ejercicio de Asturias y Navarra.

NUEVOS LISTADOS: