Archivo diario: 30/05/2024

IMPORTANTE: PRAZAS A OFERTAR PARA O CORPO DE XESTIÓN DE NOVO INGRESO EN GALICIA‼️

IMPORTANTEIMPORTANTE: PRAZAS A OFERTAR PARA O CORPO DE XESTIÓN DE NOVO INGRESO EN GALICIA‼️ REUNIÓN DE TRABALLO COA DXX DE 30/5!!!

➡️A DXX convocou a SPJ-USO e demais organizacións sindicais a unha xuntanza de traballo que se celebrou no dia de hoxe para solucionar o desaguisado provocado polo Ministerio de Xustiza, polos que nos representan na mesa nacional e pola propia DXX, en relación as prazas a ofertar aos opositores aprobados na última convocatoria.

🔴 Consistirán en 72 plazas vacantes e 18 prazas en adscripción provisional tal e como vos indicamos fai uns días, e as tomás de posesión seguramente serán despois do verán.

🔴As 72 prazas son as seguintes:

👉prazas a ofertar xestores aprobados

🔴As 18 prazas restantes sairán dunha relación de prazas que están pendentes de negociar coas organizacións sindicais.

🔴Todos os participantes poderán solicitar as prazas en CONDICIÓNS DE PLENA IGUALDADE segundo os criterios establecidos no art. 28.2 do Real Decreto 1451/2005, de 7 de decembre, polo que se aproba o Regulamento de Ingreso, Provisión de Puestos de Trabajo… onde se indica que os funcionarios de novo ingreso que opten por postos con carácter provisional deberán tomar parte no primeiro concurso de traslados que se convoque no que se oferten prazas do ámbito territorial no que se atope destinado provisionalmente, e terán preferencia para obter posto na CCAA de Galicia, e non na localidade onde se atopen destinados de forma provisional

🔴 Os funcionarios en adscripción só poderan solicitar, no concurso de traslados, prazas dentro da CCAA de Galicia e queda pendente de negociar a súa participación en comisións, sustitucións e do tempo que permanecerán conxelados unha vez obtida a praza no concurso de traslados

Dende SPJ-USO esixiremos máxima transparencia e uns criterios claros e coherentes na adxudicación das prazas.

▪️ Manterémosvos puntualmente informados.

 

ÚLTIMA HORA: LISTADO DE NOTAS TRAMITACIÓN PROCESUAL-CONCURSO OPOSICIÓN

Listado de notas de Tramitación Procesual e Administrativa, acceso libre, estabilización concurso oposición, Orden JUS/1327/2022‼️

O Ministerio de Xustiza publicou na súa páxina web unha relación dos opositores/as que superaron a fase de oposición das probas selectivas extraordinarias para o ingreso no CORPO DE TRAMITACIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA, ACCESO LIBRE, POLO SISTEMA DE CONCURSO-OPOSICIÓN, CON APLICACIÓN DA BASE DA CONVOCATORIA REFERENTE Á RESERVA DE NOTA (Orde JUS/1327/2022, do 28 de decembro – BOE do 30 de decembro).

▪️ Amplía información: ⤵️⤵️
🔗 Tramitación Procesal y Administrativa, acceso libre, estabilización concurso oposición, 

PUBLICADO LISTADO ADXUDICACIÓNS PROVISIONAIS COMISIONS DO 20/05/2024

COMISIÓN DE SERVIZOResolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións provisionais de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados o 20/05/2024.

Contra a resolución ditada, poderase formular recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a Dirección Xeral de Xustiza, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación, de conformidade cos artigos 8.2, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.

A incorporación ao posto de traballo en comisión de servizos producirase na data de efectos administrativos indicados na resolución.

En todo caso, o posto de traballo deberá ser ocupado de xeito efectivo pola persoa adxudicataria da comisión de servizos.

No caso de que a incorporación non se faga efectiva na data indicada na resolución de adxudicación, entenderase que a persoa interesada renuncia á praza e decaerá no seu dereito; a praza adxudicarase, de ser o caso, á seguinte persoa solicitante segundo a orde obtida na valoración de solicitudes.

Accede á Resolución publicada aquí.