Archivo diario: 28/05/2024

NOTA ACLARATORIA SOBRE A RESERVA DE NOTA NO CONCURSO OPOSICION TRAMITACIÓN PROCESUAL

spjinforma

NOTA ACLARATORIA SOBRE A RESERVA DE NOTA NO CONCURSO OPOSICION TRAMITACIÓN PROCESUAL‼️

➡️ O MINISTERIO INFÓRMANOS QUE PUBLICARÁ MAIS ADIANTE, NA PÁXINA WEB, UN ANEXO CO LISTADO DE RESERVA DE NOTA EMPREGADAS NO CONCURSO OPOSICIÓN DE TRAMITACIÓN PROCESUAL. 

🔴TAMÉN SE SACARÁ UN ANEXO PARA AUXILIO XUDICIAL.

🔴EN CANTO A XESTIÓN PROCESUAL OS TRIBUNAIS AINDA ESTÁN CORRIXINDO O TERCEIRO EXERCICIO, POLO QUE TARDARÁN EN SACAR O LISTADO.

📣 NON É PRECISO RECLAMAR AO TRIBUNAL CUALIFICADOR ÚNICO.

PUBLICADO LISTADO DAS NOTAS EXAME DE TRAMITACION PROCESUAL- CONCURSO OPOSICION

Tramitación Procesual e Administrativa, acceso libre, estabilización concurso oposición, Orde JUS/1327/2022 – NOTAS

Na páxina web do Ministerio de Xustiza publícase o Acordo do Tribunal Cualificador Único de Tramitación, quenda libre, polo que se publican as notas da fase de oposición de Tramitación, quenda libre, así como a listaxe anonimizado aspirantes non aptos- CONCURSO OPOSICIÓN 

📣 Fanse públicas as relacións de aspirantes de cada ámbito territorial, por orde alfabética, que alcanzaron o mínimo establecido nos apartados 1.1, 1.2 e 1.3 do Anexo III.a) da devandita Orde de Convocatoria para superar os exercicios, con indicación da puntuación obtida. Os aspirantes non incluídos nas devanditas relacións teñen a consideración de non aptos e quedan excluídos do proceso selectivo.

Igualmente procédese tamén a publicar separadamente as listaxes anonimizados das persoas aspirantes consideradas non aptas, coa súa cualificación correspondente

▪️ Amplía información e accede á nota: ⤵️⤵️
🔗 https://acrobat.adobe.com/id/nota informativa proba galego

FORMACIÓN EXE EN LUGO E SALAS DIXITAIS EN VIGO

ACTIVIDADE DE REFORZO SOBRE COMPARTICIÓN DO EXE EN LUGO e FORMACIÓN PRESENCIAL DE REFORZO NAS SALAS DIXITAIS – VIGO

A) ACTIVIDADE DE REFORZO SOBRE COMPARTICIÓN DO EXE EN LUGO

En canto a actividade de compartición do EXE esta dirixida aos XULGADOS DE 1ª INSTANCIA DE LUGO e consisten en dous tipos de sesións complementearias: 

1) Unha sesión telepresencial de acercamento á funcionalidade, previa á activación.
Esta sesión terá lugar o 4 de Xuño e esta dispoñible en dúas convocatorias (de 09:00 h a 11:30 h e de 12:00 h a 14:30 h). Se non podes asistir na data asignada para a activación da funcionalidade no teu órgano (opción recomendada), tes dispoñibles outras datas correspondentes a activacións doutros órganos.

2)  E unha sesión de reforzo presencial para consultar dúbidas tras o uso da funcionalidade.

Esta sesión terá lugar os días 13  e 14 de xuño na aula de capacitación e hai  dúas convocatorias (de 09:00 h a 11.30 h e de 11:30 h a 14:00 h).

Para acceder a ditas sesións tes que solicitalo a través do formulario de inscrición para asistir á actividade de reforzo sobre «Compartición do EXE».

B) FORMACIÓN PRESENCIAL DE REFORZO NAS SALAS DIXITAIS – VIGO

Esta formación englobase dentro da actividade presencial “REFORZO SALAS DIXITAIS”, destinada ao CORPO DE AUXILIO DOS ÓRGANOS XUDICIAIS DE VIGO.

Na intranet están dispoñibles todo o ano os contidos autocapacitantes. Pero na actualidade hai programadas varias sesións, os días 24, 31 de maio e 14 de xuño en Vigo, co obxectivo de reforzar o coñecemento sobre as aplicacións que se empregan para a CELEBRACIÓN DE ACTOS EN SALAS DE VISTAS.

Para inscribirse nestas sesións presencias so tes que seguir estes pasos sinxelos:

Sigue leyendo