EGAP – CONVOCADOS CURSOS DE LINGUAXE XURÍDICA GALEGA PARA O PERSONAL AO SERVIZO DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA DE FORA DE GALIZA, ANO 2024‼️

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2024 pola que se convocan cursos de linguaxe xurídica galega para o persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.

Accede: GALEGO XURÍDICO FÓRA DE GALICIA 2024 – CONVOCATORIA

Obxecto: Impulsar a normalización lingüística na Administración de xustiza,

Número de prazas: O número de prazas de cada curso será de 25.

Modalidade: Teleformación

Horas: 75

Datas de realización dos cursos: 02/09/2024 a 03/11/2024.
Data do exame final: 09/11/2024.

Solicitudes:  ata o 20 de maio de 2024 https://egap.xunta.gal/matricula

Cursos: Os cursos impartiranse segundo se indica a continuación:⤵️⤵️

FX24033 Curso medio de linguaxe xurídica galega

Modalidade

Horas

Datas lectivas

Exame final

Teleformación

75

2.9.2024 a 3.11.2024

9.11.2024

FX24034 Curso superior de linguaxe xurídica galega

Modalidade

Horas

Datas lectivas

Exame final

Teleformación

75

2.9.2024 a 3.11.2024

9.11.2024

Requisitos do persoal participante:

  • Os cursos van dirixido a maxistrados/as, xuíces/as, fiscais, letrados/as da Administración de xustiza, médicos/as forenses, funcionarios/as dos corpos de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial que na data desta resolución se atopen en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para acceder a estes cursos é necesario ter validado ou superado, na data de publicación desta resolución, algún dos cursos que se indican a continuación:

Para optar ao curso superior:

– O curso medio de linguaxe xurídica galega ou o curso medio de linguaxe administrativa galega, ou calquera dos cursos equivalentes a estes que se establecen no artigo 5.2 da Orde do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galegas (DOG núm. 121, do 24 de xuño).

Para optar ao curso medio:

– O Celga 4 ou os cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega, ou o curso básico de linguaxe administrativa galega, ou o curso básico de linguaxe xurídica ou o curso básico de linguaxe administrativa sanitaria, segundo se establece no artigo 3.4 da Orde do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galegas (DOG núm. 121, do 24 de xuño).

Solicitudes: 

  • O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 20 de maio de 2024.
  • O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP https://egap.xunta.gal/matricula
  • Cada persoa só poderá solicitar un dos cursos convocados.
  • Os formularios poderán ser obtidos e cubertos desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización

Accede ao DOGA:⤵️⤵️

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240507/AnuncioO150-290424-0001_gl.html

 

Los comentarios están cerrados.