IMPORTANTE – FINALIZACIÓN DE DIVERSOS PRAZOS NO PROCESO SELECTIVO DE CONCURSO DE MÉRITOS/ESTABILIZACIÓN (ORDE JUS 1288/2022), así como no CONCURSO/OPOSICIÓN AUXILIO (Orde Jus 1327/22) E NA OPOSICIÓN LIBRE OEP 2023 DE XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO (Orde PJC/64/2024)‼️
Se precisas axuda para a aportación méritos ou a realización de alegacións non dubides en contactar co teu delegado sindical de SPJ-USO.
TRAMITACIÓN CONCURSO DE MÉRITOS: O prazo para ALEGACIÓNS Á BAREMACIÓN PROVISIONAL REMATA O VINDEIRO MÉRCORES 3 DE XULLO.
🔗 https://spjusogalicia.com/tramitacion-concurso-de-meritos-publicadas-las-baremaciones-probisionales/
Acceso ó aplicativo informático para facer alegacións:
🔗 https://pubwebseal.justicia.es/sap/zasistente_gta_acceso#
🔗 ALEGACIÓNS – MANUAL DO USUARIO:
https://spjusogalicia.com/alegaciones-a-los-meritos-manual-de-usuario/
🔴 XESTIÓN E AUXILIO – CONCURSO DE MÉRITOS: HOXE VENRES 28 DE XUÑO É O ÚLTIMO DÍA DO PRAZO DE ALEGACIÓNS Á BAREMACIÓN PROVISIONAL.
🔗 Acceso ó aplicativo informático para facer alegacións:
https://pubwebseal.justicia.es/sap/zasistente_gta_acceso#
🔴 TURNO LIBRE XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO – OEP 2023 (Orde PJC/64/2024): O vindeiro mércores 3 de xullo remata o prazo de subsanación de instancias trala publicación da listaxe provisional de admitidos e excluídos.
🔴 AUXILIO XUDICIAL LIBRE – CONCURSO/OPOSICIÓN (Orde Jus 1327/22): O vindeiro 30 de xuño remata o prazo para aportación de méritos.
A DXX acaba de comunicarnos a resolución pola que se aproba a listaxe e baremación provisional das persoas admitidas no concurso específico para a provisión, polo sistema de concurso específico, dun posto de traballo vacante na Fiscalía de Área de Vigo, convocado pola Resolución do 27 de maio de 2024 (DOG nº 109, do 06.06.2024), tanto na páxina web da Consellería como na Intranet de Xustiza.




















