
COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE E MESA SECTORIAL DE XUSTIZA EN GALICIA O XOVES 23 DE MAIO DE 2024‼️
COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE.
Orde do día:
☑️ 1. Información sobre a Programación anual en prevención de riscos laborais para 2024
☑️ 2. Avaliación de riscos da Cidade da Xustiza de Vigo
☑️ 3. Programación gas radón
☑️ 4. Rogos e preguntas
MESA SECTORIAL.
Orde do día:
☑️ 1. Información sobre a proposta de creación de novos órganos xudiciais.
☑️ 2. Actualización da regulación sobre PERMISOS, VACACIÓNS e LICENZAS
☑️ 3. Proposta de nova regulación da BOLSA DE PERSOAL INTERINO.
☑️ 4. Rogos e preguntas
Documentación que acompaña á convocatoria:
– Proposta de resolución da Dirección xeral de xustiza pola que se regulan os permisos, vacacións e licenzas.
– Proposta de Orde da Dirección xeral de xustiza pola que se regula a bolsa de persoal interino do persoal ao servizo da Administración de Xustiza.
🔴 ACTUALIZACIÓN DA REGULACIÓN SOBRE PERMISOS E LICENZAS:
A DXX remítenos texto actualizado coas últimas novidades referentes a permisos e licenzas, tendo en conta que a orde en vigor do ano 2009 estaba tácitamente derogada en moitos puntos, e na proposta remitida recóllense as modificacións normativas dos últimos tempos.
Amplía información e accede ó borrador de permisos e licenzas: ⤵️
Proposta resolución Permisos Vacacions Licenzas_Mesa
🔴 PROPOSTA DE NOVA ORDE DE INTERINOS:
A DXX remitiunos proposta de nova Orde de interinos para a súa negociación en vindeiras mesas. Unha vez aprobado previa negociación un novo texto e publicado o mesmo, quedaría sen efecto a orde de 2018, modificada en 2021, sobre selección e nomeamento de persoal interino dos corpos xerais ó servizo da Administración de Xustiza.
👉 Entre as propostas mais novedosas do borrador remitido destacan:
📣 – A administración propón fusionar as bolsas de traballo e reserva nunha ÚNICA BOLSA, sen determinar o número de integrantes da mesma no borrador remitido. Caso de se esgotar a bolsa ofreceríase a posibilidade de aceptar os nomeamentos ós integrantes das bolsas do corpo superior e inferior da mesma provincia, e subsidiariamente as persoas das bolsas do mesmo corpo de outras provincias, así como as do corpo superior e inferior de outras provincias.
📣 – Respecto da baremación de méritos, na proposta remitida elimínase o apartado da “formación complementaria” (cursos xurídicos e informáticos), manténdose os demais méritos baremables da orde actual.
📣 – Apertura periódica das bolsas e actualización de méritos: Na proposta remitida proponse unha apertura periódica do prazo de presentación de solicitudes de incorporación á bolsa así como de actualización dos méritos dos integrantes da bolsa.
📣 – Na proposta remitida permítese solicitar o cambio da zona de preferencia así como de bolsa provincial, durante o periodo de apertura das bolsas.
📣 – Segundo o borrador remitido, os integrantes da bolsa perden a posición na mesma e pasan a ocupar a última posición cando prestan servizos durante UN ANO, ocupando a última posición na bolsa durante 6 MESES.
⚫ Reiteramos que se trata de PROPOSTAS da Dirección Xeral de Xustiza para a súa NEGOCIACIÓN, negociación durante a que SPJ-USO presentará as alegacións oportunas e os textos remitidos sufrirán cambios, dos que vos manteremos puntualmente informados.
▪️ Amplía información e accede ó borrador da nova orde de interinos: ⤵️
🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:1d3d040a-290d-4216-aca8-0b4a084c9580
Me gusta esto:
Me gusta Cargando...