Archivo diario: 02/11/2023

2/11/2023.- REUNIÓN PARA TRATAR A PROGRAMACIÓN DA FORMACIÓN PARA O ANO 2024 DO PERSOAL AO SERVIZO DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA.

Hoxe tivo lugar a Mesa de Formación entre as OOSS  e a Administración de Xustiza, pasamos a indicar as propostas do noso Sindicato e asi como algunhas das manifestación expostas pola Admon de Xustiza, a espera de que o próximo luns, nos remitan escrito.

🛑 SPJ-USO SOLICITA :  Que se implanten de manera urxente as seguintes propostas:

🛑 Potenciar a FORMACIÓN presencial “in situ” para os titulares que cambian de destino dentro e fora da CCAA asi como para interinos.

🛑 Impartir cursos sobre as REFORMAS LEXISLATIVAS NO AMBITO CIVIL E PENAL, XULGADOS DE FAMILIA, REXISTRO CIVIL e a súa aplicación informática (DICIREG)

🛑 NOVAS TECNOLOXIAS E OFIMATICA, para unha xustiza formada e moderna e poder sacar partido as ferramentas das novas tecnoloxías

🛑NECESIDADE DA INCLUSION DUN MÓDULO DE VIOLENCIA DE XÉNERO E FAMILIAR

🛑TELEFORMACIÓN PARA CONCILAR A VIDA LABORAL E PERSOAL E IMPLANTACIÓN DO TELETRABALLO

🛑 CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS E EMERXENCIA

🛑 IMPLANTACIÓN INMEDIATA DE FORMACIÓN PARA PREPARAR OPOSICIONS ONLINE A TRAVÉS DA EGAP

🛑 AUMENTO DAS PRAZAS NOS CURSOS DE LINGUAXE XURÌDICA GALEGA

🛑 FORMACIÓN DE FORMADORES, para conseguir un aprendizaxe mais rapido e eficaz.

🛑 FORMACIÓN CONTINUA NAS APLICACIÓNS XUDICIAIS E AS SUAS ACTUALIZACIÓNS

Por parte da DXX  manifesta que é sabedora da problemática existente e coñece que é necesaria a publicación de máis prazas e máis edicións, a vista da alta taxa de demanda destes cursos de Linguaxe Xurídica media e Superior,,  tanto dos cursos que se publican para os destinados en Galicia como para os que están destinados fóra de Galicia, e manifesta que  mantivo contactos coa Egap e Política Lingüística para conseguir máis edicións, explicando que o problema radica na existencia dunha sentenza que impide a contratación de máis profesorado específico nas bolsas de traballo. Está intentando conseguir un convenio entre  o Centro de Estudos Xurídicos, a Egap, Política Lingüística e a DXX para a ampliación da impartición destes cursos de galego. Este Sindicato, leva anos solicitando máis edicións e más prazas, e asi se pode comprobar nos diferentes escritos que constan no noso bloque.

A DXX manifesta  que vai seguir mantendo o curso de Ferramentas do teletraballo, e as VPN van  seguir conectadas (non ten intención  desta deconexión das VPN.

Manteñen toda a oferta formativa do ano 2023, e manifesta que eliminarán aqueles cursos cun cociente de demanda no ano 2023 inferior a un 1, este Sindicato manifesta que non se deben eliminar cursos, en todo caso pódense disminuir as prazas..

Van añadir a oferta formativa do Corpo de Médicos Forenses .

➡️Asimesmo, a DXX  solicita  que enviemos todas as propostas das OOSS, a fin de elaborar un documento, que de novo se nos remitirá como muy tarde o próximo luns.

👉 POR UNHA FORMACION ACTUAL E MODERNA PARA TOD@S!!!!

 

PUBLICADOS NO DOGA OS FESTIVOS LOCAIS DE GALICIA PARA 2024

ℹ️➡️  RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dá publicidade das festas laborais de carácter local para o ano 2024, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

▪️ Accede ós festivos locais: ⤵️⤵️

Festivos locais Galicia 2024