Archivo diario: 22/11/2023

DATAS E LUGARES DE REALIZACIÓN DAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA, CELGA 2, 3 E 4

Publicada na páxina do Portal da Lingua Galega as datas e lugares onde se van a realizar as probas para a obtención dos certificados CELGA 2,3 e 4 convocadas por RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Podedes acceder a toda a información PICANDO AQUI.

CORRECIÓN DE ERROS NA LISTAXE DE ADXUDICACIÓNS DE POSTOS DE AUXILIO XUDICIAL EN GALICIA

A Dirección Xeral acheganos unha nova listaxe das adxudicacións correspondentes aos/ás funcionarios/as do corpo de auxilio xudicial que superaron as probas selectivas convocadas pola Orde JUS/1254/2022, do 7 de decembro, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia,  corrixindo os erros detectados na listaxe enviada o 21.11.2023.

▪️ Nova listaxe corrixida: ⤵️⤵️
🔗LISTAXES PICA AQUI.

CONCURSO DE TRASLADOS DE MÉDICOS FORENSES – PUBLICACIÓN NO BOE E NO DOG DO 27/11

spjinformaA DXX comunícanos que o próximo día 27/11/2023 publicarase no DOG e no BOE a Resolución do 24 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve o concurso de traslados para a provisión de postos de traballo xenéricos vacantes no Instituto de Medicina Legal de Galicia para o corpo de médicos forenses, convocado por Resolución do 25 de xaneiro de 2023.