Archivo mensual: octubre 2023

TRAS A PRESIÓN EXERCIDA POR SPJ-USO A DXX CONVOCA REUNIÓN POLO TELETRABALLO‼️

TRAS A PRESIÓN EXERCIDA POR ESTE SINDICATO SPJ-USO, PEDINDO UNHA REUNIÓN PARA NEGOCIACIÓN DO TELETRABALLO ⤵️

➡️A Dirección Xeral de Xustiza ven de comunicar o seguinte:

👉 CONVOCA REUNIÓN PRESENCIAL, CON TODOS OS SINDICATOS O PRÓXIMO DIA 8 DE NOVEMBRO DE 2023 , AS 11.00 HORAS.

 

A Dirección Xeral de Xustiza envia o seguinte correo:

“Convócase reunión na sala de xuntas da Dirección Xeral de Xustiza na EGAP para o próximo mércores 8 de novembro ás 11 h. A finalidade da reunión é aclarar a aplicación en Galicia da Circular Informativa da Secretaría Xeral para a Innovación e Calidade do Servizo Público de Xustiza sobre o cese das medidas organizativas e tecnolóxicas previstas no capítulo III da Lei 3/2020, do 18 de setembro, de medidas procesuais e organizativas para facer fronte á COVID-19 no ámbito da Administración de Xustiza publicada o pasado venres 27 de outubro.

Para unha mellor organización cada organización sindical debe indicar previamente as persoas que asistirán á reunión, a máis tardar o luns 6 de novembro.”

Manterémosvos puntualmente informados!!!

 

PROMOCIÓN INTERNA DE LOS LETRADOS DE LA ADMINISTRACIÓN DE JUSTICIA – TERCERA CATEGORIA

Hoy se publica la Orden JUS/1181/2023, de 23 de octubre, por la que se nombran Letrados y Letradas de la Administración de Justicia de la tercera categoría, turno promoción interna, a los aspirantes que han superado el proceso selectivo convocado por Orden JUS/1523/2021, de 3 de diciembre.

Los letrados y las letradas de la Administración de Justicia nombrados en virtud de esta orden deberán tomar posesión de su cargo dentro de los veinte días hábiles siguientes al de la fecha de publicación de su nombramiento en el «Boletín Oficial del Estado». En todo caso, la referida toma de posesión habrá de tener lugar dentro de los tres días siguientes al de la prestación del juramento o promesa, de acuerdo con el artículo 45.2 del Reglamento Orgánico del Cuerpo de Secretarios Judiciales, aprobado por el Real Decreto 1608/2005, de 30 de diciembre

IMPORTANTE: COMUNICACIÓN DA DXX SOBRE O TELETRABALLO

Acaban de remitirmos comunicación referente ao teletraballo indicando o seguinte sobre esta modalidade:

  • Deberán acudir a cada centro de traballo o 100% dos efectivos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa, auxilio xudicial e médicos forenses, sen prexuízo das licencias e permisos correspondentes, non sendo posible exercer a modalidade de teletraballo en tanto non se aprobe a súa regulación específica no ámbito da Administración de xustiza.
  • Esta medida debe facerse efectiva con carácter inmediato, e en todo caso a partirdo martes 31 de outubro de 2023.
  • A atención presencial debe quedar garantida sempre e en todo caso durante o horario de audiencia pública, sen que poida restrinxirse a dita atención presencial aos supostos nos que se obtivera a cita previa. Sen prexuízo do anterior, poderán seguirse a utilizar os sistemas de cita previa de forma compatible coa atención presencial sen cita, sempre que isto redunde na mellor organización e xestión dasdemandas de atención ao público

Comunicacion-teletraballo-30-10-23_asinada

DESPROPÓSITO TRAS DESPROPÓSITO DO MINISTERIO DE XUSTIZA – CARPETAZO Ó TELETRABALLO.

spjinformaCIRCULAR teletraballo

Imos a unha folga de case tres meses, déixannos colgados na metade do camiño e como premio sácannos o teletraballo,  é de estudo a inoperancia do Ministerio e o pasotismo de quen nos representa na mesa do ministerio (moitas veces presumen con luz e taquígrafos de estar sentados alí) e a única verdade é que o ministerio non os teñen en conta para nada desde o ano 2008, unha auténtica vergoña o desamparo que sufrimos os 45000 traballadores de xustiza na mesa do ministerio.

Trala publicación con temeridade e alovosía por parte do Ministerio de Xustiza o pasado venres ás 14:30 horas da tarde  da circular de 27/10 da Secretaría Xeral para a Innovación e calidade do servizo público de Xustiza do Ministerio de Xustiza, que decreta o fin do teletraballo, decisión que tiña que ser acordada e negociada cos sindicatos que nos representan no Ministerio de Xustiza, que descoñecemos si foi así o se se fixo algo para que esto non sucedera, dende SPJ-USO, ademais da nosa indignación por semellante atropelo de dereitos, solicitamos á Dirección Xeral de Xustiza, que dicte unha instrucción expresa autorizando e mantendo o teletraballo, mentras o Ministerio de Xustiza non o regule, téndose demostrado os beneficios do teletraballo na administración de Xustiza, non debemos esquecer que en Galicia as competencias en materia de persoal da administración de Xustiza están transferidas.

SPJ-USO solicita que se dicte unha instrucción en aplicación do artigo 47 bis do Estatuto básico do Empregado público, que entendemos é de aplicación supletoria por non haber normativa estatal e igualmente consideramos de aplicación supletoria a normativa que regula o teletraballo na Xunta de Galicia (Orde de 14 de diciembre de 2020) e SOLICITAMOS unha reunión URXENTE para negociar  as condición de teletraballo, en tanto non se publique, a normativa do Ministerio de Xustiza.

Si a todo esto engadimos por parte da Xunta de Galicia, a inversión levada a cabo durante este último ano, xa que se están a instalar ordenadores portátiles nos Xulgados de toda Galicia, precisamente para facilitar o teletraballo e a conciliación da vida laboral e familiar.

SPJ-USO SOLICITA Á DIRECCCIÓN XERAL DE XUSTIZA O MANTEMENTO DO TELETRABALLO E QUE SE DICTE UNHA INSTRUCCIÓN EXPRESA MENTES NON SE DESENROLA O DECRETO NACIONAL SOBRE O TELETRABALLO.

ESCRITO MANTEMENTO TELETRABALLO DXX_signed

Xustificante-PR004A- teletraballo

Trala publicación con temeridade e alovosía por parte do Ministerio de Xustiza o pasado venres ás 14:30 horas da tarde  da circular de 27/10 da Secretaría Xeral para a Innovación e calidade do servizo público de Xustiza do Ministerio de Xustiza, que decreta o fin do teletraballo, decisión que tiña que ser acordada e negociada cos sindicatos que nos representan no Ministerio de Xustiza, que descoñecemos si foi así o se se fixo algo para que esto non sucedera, dende SPJ-USO, ademais da nosa indignación por semellante atropelo de dereitos, solicitamos á Dirección Xeral de Xustiza, que dicte unha instrucción expresa autorizando e mantendo o teletraballo, mentras o Ministerio de Xustiza non o regule, téndose demostrado os beneficios do teletraballo na administración de Xustiza, non debemos esquecer que en Galicia as competencias en materia de persoal da administración de Xustiza están transferidas.

SPJ-USO solicita que se dicte unha instrucción  en aplicación do artigo 47 bis do Estatuto básico do Empregado público, que entendemos é de aplicación supletoria por non haber normativa estatal e igualmente consideramos de aplicación supletoria a normativa que regula o teletraballo na Xunta de Galicia (Orde de 14 de diciembre de 2020).

Si a todo esto engadimos por parte da Xunta de Galicia, a inversión levada a cabo durante este último ano, xa que se están a instalar ordenadores portátiles nos Xulgados de toda Galicia, precisamente para facilitar o teletraballo e a conciliación da vida laboral e familiar, entendemos que as instruccións por parte da DXXustiza son necesarias.

O Ministerio , dicta unha instrucción cargándose o teletraballo coa complicidade e inoperatividade das organización sindicais do seu ámbito e sen previa negociación.

Instamos a  DXX que Manteña o teletraballo nos mesmos termos e SOLICITAMOS unha reunión URXENTE para negociar  as condición de teletraballo, en tanto non se publique, a normativa do Ministerio de Xustiza.