Archivo diario: 07/11/2023

ACCIÓN SOCIAL 2023: Publicadas no DOGA as LISTAXES DEFINTIVAS.

ℹ️➡️ No DOG de hoxe 08-11-2023 publícase a RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2023 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

Polo carácter reservado dos datos que figuran na listaxe, as persoas interesadas poden consultala na OPAX co seu certificado dixital ou co usuario e contrasinal.

AS CANTIDADES QUE SE PERCIBIRÁN SON:
☑️ TRAMO I – 33% ó 64%: 107,40 €
☑️ TRAMO II – 65% ó 74%: 214,81 €
           ☑️ TRAMO III – 75% en adiante: 429,62 €

👉 A DXX prevé proceder ós pagos antes do remate do ano.

▪️ Amplía información e accede á resolución: ⤵️⤵️

Resolución aproba listaxes definitivas acción social

 

SPJ-USO: FIN ÓS RECORTES NA ACCIÓN SOCIAL XA!!!

ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS OFERTADAS EN SUBSTITUCIÓN O 25/10/2023

SUBSTITUCIÓNS📢🔊 07/11/2023 ADXUDICACIÓNS DE SUBSTITUCIÓNS   OFERTADAS O 25/10/2023‼️
➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖

➡️ RESOLUCIÓN DA DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA, POLA QUE SE RESOLVE A ÚLTIMA CONVOCATORIA DE PROVISIÓN TEMPORAL DE POSTOS DE TRABALLO MEDIANTE O SISTEMA DE SUBSTITUCIÓN.

CONSULTA AQUÍ AS PRAZAS ADXUDICADAS⤵⤵:

ADXUDICACIÓN PRAZAS OFERTADAS EN SUBSTITUCIÓN O 25/10/23

SPJ-USO SOLICITA A DXX QUE NON EXPULSE DA BOLSA AOS INTERINOS AO ALCANZAR OS 65 ANOS SENON TRABALLAN OU CESAN UNHA VEZ TRASPASADA ESA IDADE

SPJ-USO ven de presentar ante a DXX escrito solicitando que non se proceda a expulsión dos interinos ao alcanzar os 65 anos de idade da bolsa se non están traballando ou cando cesan no seu posto de traballo unha vez chegada a esa idade. Lembrámoslle a administración que actualmente a idade de xubilación forzosa no réxime da Seguridade Social está nos 67 anos. Desde este sindicato consideramos que non se está aplicar a lexislación vixente causando un tremendo perxuizo o persoal interino.

Aquí vos deixamos o escrito presentado: ⤵⤵

ESCRITO ANTE A DXX SOLICITA A NON EXPULSIÓN INTERINOS OS 65 ANOS