En cumprimento do Acordo Marco firmado na mesa xeral das administracións públicas para unha Administración do século XXI publicado en BOE do 17 de novembro de 2022, no apartado Primeiro de Retribucións establecíase:
“Adicionalmente no ano 2023, se a suma da variación do IPCA do ano 2022 e do IPCA adiantado do mes de setembro de 2023 superase o incremento retributivo fixo acumulado de 2022 e 2023 establecido nos parágrafos anteriores, aplicarase un incremento retributivo adicional máximo do 0,5%. Este posible incremento adicional do ano 2023, de carácter consolidable, terá efectos do 1 de xaneiro de 2023 e abonarase no mes de outubro de 2023”.
🔴 Esta subida do 0’5 é consecuencia do incremento do IPCA (8’1% ao 31 de agosto de 2023) correspondente ao período 1 de xaneiro de 2022 ao 30 de setembro de 2023. O incremento retributivo fixo acumulado de 2022 e 2023 foi do 6% (non é previsible que o IPCA descenda en setembro do 8,1% ao 6%).
👉 En resumo, se o IPC DE 2022 e 2023 supera o 6 % (algo que é seguro) a subida será efectiva.
📣 O incremento do 0’5% aplicarase a todas as partidas da nómina e debería aplicarse na nómina de outubro, e de non ser posible na de novembro, con carácter retroactivo a xaneiro.
👉 A maiores quedaría pendiente outra subida do 0,5 % se o PIB de 2023 alcanza o 2,1%, algo que parece probable, segundo as previsións.
🔴 Posteriormente, xa en xaneiro de 2024, está acordada unha subida fixa do 2 % e unha variable do 0,5 que depende do IPC.