Archivo diario: 04/09/2023

CONVOCATORIA PROBAS CELGA 2,3 E 4 ANO 2023

No DOG de hoxe, 4 de setembro, ven de publicarse a nova a segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2023.

🔴As probas dos distintos niveis Celga terán lugar na segunda quincena de novembro e, de ser o caso, na primeira de decembro de 2023, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www. lingua.gal).

🔴 As localidades de examen serán Santiago de Compostela e Ponferrada

🔴O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Podedes acceder a convocatoria no seguinte enlace:⤵⤵

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230904/AnuncioG0655-080823-0001_gl.pdf