
ℹ️➡️ No DOG de hoxe 5-9-2023 publícase a RESOLUCIÓN do 29/08/2023 da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2023 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.
Non obstante a citada resolución publicada NADA TEN QUE VER coas listaxes provisionais de acción social, tratándose dunha publicación relativa a un plan suspensión do procedemento do outorgamento de licenzas de parcelación de terreos,
👉 SPJ-USO xa o puxo en coñecemento da DXX para pedir as pertinentes explicacións e que procedan con urxencia e a maior brevidade posible a publicar a resolución correcta, o que se fará en próximas datas.
⚫ Lembrade que desde o día seguinte á publicación das listaxes provisionais disporedes de 10 días hábiles para a subsanación de defectos.
SPJ-USO: FIN ÓS RECORTES NA ACCIÓN SOCIAL XA!!!
Me gusta esto:
Me gusta Cargando...