Archivo mensual: junio 2022

SUBSTITUCIÓN ENTRE TITULARES: ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS

A Dirección Xeral de Xustiza publicou a Resolución do Director Xeral de Xustiza do 03/06/2022, pola que se resolve a convocatoria de provisión temporal de postos de traballo mediante o sistema de substitución ofertadas con data 13/05/2022.

Accede á Resolución do DXX:

220603_Resolución adxudicación substitucións

ADXUDICACIÓNS DEFINITIVAS DE COMISIÓNS DE SERVIZO 18/05/2022

COMISIÓN DE SERVIZOPUBLICADA A RESOLUCIÓN DE ADXUDICACIÓNS DEFINITIVAS DE COMISIÓNS DE SERVIZO  CONVOCADAS EN DATA 18/05/2022!!!

Accede ás adxudicacións definitivas: ⤵️

LISTAXE DE ADXUDICACIÓNS DEFINITIVAS

👉 Contra a resolución ditada, poderase formular recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a Dirección Xeral de Xustiza, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación, de conformidade cos artigos 8.2, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.

👉 A incorporación ao posto de traballo en comisión de servizos producirase na data de efectos administrativos indicados na resolución.

👉 En todo caso, o posto de traballo deberá ser ocupado de xeito efectivo pola persoa adxudicataria da comisión de servizos. No caso de que a incorporación non se faga efectiva na data indicada na resolución de adxudicación, entenderase que a persoa interesada renuncia á praza e decaerá no seu dereito; a praza adxudicarase, de ser o caso, á seguinte persoa solicitante segundo a orde obtida na valoración de solicitudes.

IMPORTANTE – INTERINOS – PUBLICADAS AS LISTAXES PROVISIONAIS DA NOVA BOLSAS DE INTERINOS DE GALICIA!!!

interinos📢🔊 IMPORTANTE ➖ INTERINOS ➖ PUBLICADAS AS LISTAXES PROVISIONAIS DA NOVA BOLSA DE INTERINOS DE GALICIA: ➖ PRAZO DE ALEGACIÓNS 10 DIAS ➖ Ata O 17/6‼️
➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖

ℹ️➡️ Publicadas as listaxes provisionais das novas bolsas de interinos.

🔴 O persoal admitido figura nunha lista provisional ordenada seguindo a orde alfabética.
🔴 En canto ao non admitido, indícase a causa da exclusión.

👉 Na listaxe provisional figura, así mesmo, a puntuación dos aspirantes tanto admitidos coma non admitidos.

🔴📢 As persoas interesadas teñen 10 días hábiles desde a publicación das listas provisionais para reclamar (ata o 17 de xuño), de conformidade co establecido na resolución da convocatoria, sobre calquera dos datos contidos na lista ante o órgano que realizou a convocatoria, pero sen poder invocar nin acreditar outros méritos distintos aos alegados na solicitude.

▪️ Accede ás listaxes:⤵️⤵️

Listas de personas admitidas

Listas de personas excluidas

https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/interinos

Para calquera dúbida ou reclamación ponte en contacto co delegado sindical de SPJ-USO da túa zona.

 

LISTAXES PROVISIONAIS DA NOVA BOLSA DE INTERINOS DE GALICIA – PUBLICACIÓN VENRES 3 DE XUÑO.



A DXX acaba de informar a SPJ-USO da publicación das listaxes provisionais das novas bolsas mañá venres 3 de xuño ás 12:00 horas.

O prazo de alegacións será de 10 días hábiles, ata o 17 de xuño.

O persoal admitido figurará nunha lista provisional ordenada seguindo a orde alfabética.
En canto ao non admitido, indicarase a causa da exclusión.

– Na citada listaxe provisional figurará, asímesmo, a puntuación dos aspirantes tanto admitidos coma non admitidos.

– As listas provisionais publicaranse na web da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e mais na intranet de Xustiza, mediante resolución asinada electronicamente.

As persoas interesadas terán dez días hábiles desde a publicación das listas provisionais para reclamar, de conformidade co establecido na resolución da convocatoria, sobre calquera dos datos contidos na lista ante o órgano que realizou a convocatoria, pero sen poder invocar nin acreditar outros méritos distintos aos alegados na solicitude.

▪️ Manterémosvos puntualmente informados.


CHAMAMENTO DE INTERINOS – GALICIA (01/06/22)

 

 

 

 

 

 

PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Aprobados os seguintes chamamentos a través do SPEG:

☑️ XDO. PRIM. INST. E INSTRUC. N. 2 MARIN – CXPA

☑️ XDO. DE PAZ MOAÑA – CTPA

————————————————–

PROVINCIA DE LUGO

Aprobados os seguintes chamamentos a través do SPEG:

☑️ AUD. PROVINCIAL SECC. 2ª LUGO – CTPA.