Archivo diario: 20/05/2022

COMISIÓNS DE SERVIZO: ACLARACIÓNS E SOLUCIÓN DE INCIDENCIAS PARA A PRESENTACION DAS SOLICITUDES. DOCUMENTACIÓN NECESARIA E MODELOS PARA SOLICITUDES E EMISIÓN DE INFORMES

Conforme ao disposto no artigo 6 e 7 da orden pola que se establecen criterios para a cobertura de postos de traballo mediante comisión de servizos no ámbito da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia, as Solicitudes han de efectuarse da seguinte maneira.

1. O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación na intranet e páxina web da consellería, ou aquel que se estableza na propia convocatoria. As solicitudes non se poderán anular ou modificar unha vez finalizado o dito prazo.

2. Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web:
http://opax.xunta.es

3. Para acceder ao módulo de solicitudes, as persoas solicitantes deberán identificarse, para o cal están habilitadas dúas modalidades de identificación:

Sigue leyendo →