Archivo diario: 05/05/2022

NOVAS PRAZAS OFERTADAS EN SUBSTITUCIÓN ENTRE TITULARES 05/05/2022

PUBLICADOS NOVOS AVISOS DE DESOCUPACIÓN DE POSTOS NA INTRANET DE XUSTIZA 5 DE MAIO DE 2022

✅🔴 PRAZO DE SOLICITUDES: 6, 9 e 10 de Maio.

✅🔴 Modelo de solicitude: Anexo II bis

✅🔴 As prazas ofértanse conxúntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estean es situación de servizo activo e prestando efectivamente servizo. Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais, e dentro de cada un dos apartados operan os criterios de preferencia determinados na norma.

✅🔴 Postos de traballo ofertados: Os relacionados no Anexo I da resolución, coa indicación da causa que motiva a ausencia do seu titular.

⏩ Accede ó arquivo pdf coas SUBSTITUCIÓNS OFERTADAS:
ResolucionDX_Publicacion_Novas_Subst_5.5.22

 

CONVOCADA A CELEBRACIÓN DA COMISIÓN DE ACCIÓN SOCIAL O 10 DE MAIO DE 2022

A DXX acaba de convocarnos para a celebración da comisión de acción social o próximo día 10 de maio de 2022 ás 10.00 horas. 

A ORDE DO DÍA SERÁ A SEGUINTE:
  1. Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior.
  2. Convocatoria e criterios de repartición do Fondo de Acción Social 2022
Aquí vos deixamos o borrador da resolución resolución da convocatoria e criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2022: 

ADXUDICACIÓNS PROVISIONAIS DAS COMISIÓNS DE SERVIZO CONVOCADAS O 26 DE ABRIL DE 2022.

ADXUDICACIÓNS PROVISIONAIS COMISIÓNS DE SERVIZOS  DE  GALICIA ❗❗

PUBLICADA A RESOLUCIÓN PROVISIONAL DA COMISIÓNS DE SERVIZO CONVOCADAS POR ORDE DE 26 DE ABRIL DE 2022

 Contra a dita resolución provisoria, as persoas interesadas poderán formular reclamacións no prazo de 3 días hábiles.

 

 🔴Accede ás adxudicacións provisionais: ⤵️⤵️

https://cpxt.xunta.gal/c/document_library/get_file?file_path=/conselleria-3/non-indexar/220504-adxudicacion-provisional.pdf