
Publicouse no DOG, a ORDE do 19 de xaneiro de 2022 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2022.
ACCEDE Á ORDE DE RETRIBUCIÓNS 2022
Retribución do persoal funcionario ao servizo da Administración de Xustiza de Galicia.
1. De acordo co disposto no artigo 24 da Lei 17/2021, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, os/as funcionarios/as dos corpos ao servizo da Administración de xustiza que desempeñen as súas funcións no ámbito competencial da Comunidade Autónoma de Galicia percibirán as retribucións previstas na Lei 22/2021, do 28 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2022, co incremento de un 2% respecto das contías percibidas en 2021.
2. No anexo XVII recóllense as contías das retribucións establecidas na Lei 22/2021, do 28 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2022,asi como as contías dos compementos reconñecidos en virtude de normativa especifica co incremnto do 2%.
3. Con efectos económicos do 1 de xaneiro de 2022, os/as funcionarios/as ao servizo da Administración de xustiza que teña recoñecido o grao I do complemento adicional da carreira profesional previsto no Acordo do Consello da Xunta do 25 de xuño de 2020 percibirán os seguintes importes mensuais:
|
Grupo |
Corpo |
Importe mensual (€) |
|
A1 |
Médicos/as forenses |
215,76 |
|
A2 |
Xestión procesual e administrativa |
151,00 |
|
C1 |
Tramitación procesual e administrativa |
97,38 |
|
C2 |
Auxilio xudicial |
82,65 |
Este complemento percibirase en 12 mensualidades.
4. Os importes das retribucións do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza que non figuren incluídos no anexo XVII, pero que estean recoñecidos expresamente na normativa aplicable, experimentarán con efectos do 1 de xaneiro de 2022 un incremento do 2 % respecto das vixentes en 31 de decembro de 2021.




















