PUBLÍCOUSE O DIA 19 DE XANEIRO DE 2022, A RESOLUCIÓN POLA QUE SE CONVOCA A PROVISIÓN EN COMISIÓN DE SERVIZO DE POSTOS DE TRABALLO NO ORGANO DE NOVA CREACIÓN DE A CORUÑA
O prazo de presentación de solicitudes é do 20/01/2022 ao 26/01/2022.
FORMA DE ACCESO PARA A SOLICITUDE:
A través da SEDE ELECTRONICA DE XUNTA DE GALICIA.- https://intranet.xustiza.gal/
O modelo de solicitude: Anexo II – modelo solicitude.
IMPORTANTE.- a solicitude irá acompañada dun informe, preceptivo e non vinculante da persoa responsable do órgano no que está destinado a persoa solicitante. En caso de non aportar este informe, entenderase positivo sempre que acredite que o solicitou.
Si o solicitante é dunha CCAA de fóra de Galicia. Deberase presentar xunto coa sua solicitude INFORME FAVORABLE do MINISTERIO DE XUSTIZA ou organo competente da CCAA, si non se aporta este informe, debe acreditar que se solicitou.
As SOLICITUDES DIRIXENSE:
-Á DXXustiza e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, conforme o modelo que se inclúe como anexo II. Para a remisión de dita solicitude, na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) está dispoñible o modelo de solicitude xenérica co código PR004A, e para a súa presentación poderase empregar calquera dos mecanismos de identificacion e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluido o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365)