Publicouse no DOG, a ORDE do 19 de xaneiro de 2022 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2022.
ACCEDE Á ORDE DE RETRIBUCIÓNS 2022
Retribución do persoal funcionario ao servizo da Administración de Xustiza de Galicia.
1. De acordo co disposto no artigo 24 da Lei 17/2021, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, os/as funcionarios/as dos corpos ao servizo da Administración de xustiza que desempeñen as súas funcións no ámbito competencial da Comunidade Autónoma de Galicia percibirán as retribucións previstas na Lei 22/2021, do 28 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2022, co incremento de un 2% respecto das contías percibidas en 2021.
2. No anexo XVII recóllense as contías das retribucións establecidas na Lei 22/2021, do 28 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2022,asi como as contías dos compementos reconñecidos en virtude de normativa especifica co incremnto do 2%.
3. Con efectos económicos do 1 de xaneiro de 2022, os/as funcionarios/as ao servizo da Administración de xustiza que teña recoñecido o grao I do complemento adicional da carreira profesional previsto no Acordo do Consello da Xunta do 25 de xuño de 2020 percibirán os seguintes importes mensuais:
Grupo |
Corpo |
Importe mensual (€) |
A1 |
Médicos/as forenses |
215,76 |
A2 |
Xestión procesual e administrativa |
151,00 |
C1 |
Tramitación procesual e administrativa |
97,38 |
C2 |
Auxilio xudicial |
82,65 |
Este complemento percibirase en 12 mensualidades.
4. Os importes das retribucións do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza que non figuren incluídos no anexo XVII, pero que estean recoñecidos expresamente na normativa aplicable, experimentarán con efectos do 1 de xaneiro de 2022 un incremento do 2 % respecto das vixentes en 31 de decembro de 2021.
ANEXO XVII
Funcionarios/as dos corpos ao servizo da Administración de xustiza
1. Soldo.
Soldo |
|
Corpo ou escala |
Contía mensual |
Médicos/as forenses |
1.433,90 |
Xestión procesual e administrativa |
1.238,18 |
Tramitación procesual e administrativa |
1.017,69 |
Auxilio Xudicial |
923,09 |
2. Antigüidade.
a) Os trienios do corpo de médicos/as forenses devindicados con anterioridade ao 1 de xaneiro de 1995 quedan establecidos na contía mensual de 59,79 €.
b) Os trienios perfeccionados nos corpos ao servizo da Administración de xustiza declarados a extinguir pola Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, teñen establecida a contía mensual que se indica a seguir:
Trienios |
|
Corpo ou escala |
Contía mensual |
Oficiais/las |
49,59 |
Auxiliares |
38,23 |
Axentes/as xudiciais |
33,03 |
Secretarios/as xulgados de paz de municipios de máis de 7.000 habitantes |
55,79 |
c) O importe mensual dos trienios perfeccionados en datas posteriores ás anteriores queda fixado como se indica a seguir:
Trienios |
|
Corpo ou escala |
Contía mensual |
Médicos/as forenses |
71,72 |
Xestión procesual e administrativa |
61,91 |
Tramitación procesual e administrativa |
50,88 |
Auxilio xudicial |
46,16 |
3. Complemento xeral de posto.
Tipo |
Subtipo |
Posto de traballo |
Complemento xeral de posto |
Pagas extraordinarias |
Contía mensual |
Contía de cada paga |
|||
III |
|
Director/a do Imelga |
1.705,36 |
876,63 |
Subdirector/a do Imelga |
1.705,36 |
794,42 |
||
Xefatura de servizo do Imelga |
1.705,36 |
794,42 |
||
Xefatura de sección do Imelga |
1.705,36 |
753,24 |
||
Médico/a forense |
1.705,36 |
629,87 |
||
III |
A |
Xestor/a procesual |
326,67 |
407,40 |
IV |
C |
Xestor/a procesual xulgados de paz |
311,99 |
392,77 |
D |
Xestor/a procesual secretarios/as xulgados de paz |
326,70 |
392,77 |
|
III |
A |
Tramitador/a procesual |
277,73 |
368,13 |
B |
Tramitador/a procesual Imelga |
349,84 |
368,13 |
|
IV |
C |
Tramitador/a xulgado de paz |
263,06 |
353,45 |
III |
A |
Auxilio xudicial |
208,68 |
309,12 |
B |
Auxilio xudicial Imelga |
280,84 |
309,12 |
|
IV |
C |
Auxilio xudicial xulgado de paz |
194,01 |
294,41 |
IV |
– |
Escala a extinguir xestión procesual e administrativa procedente secretarios/as de paz de municipios de máis de 7.000 habitantes |
473,38 |
490,89 |
4. Paga adicional complementaria.
O importe da contía complementaria que se aboa xunto con cada paga extraordinaria é a que se reflicte a seguir para cada corpo ou tipo de posto:
Corpo ou tipo de posto |
Contía de cada paga |
Director/a do Imelga |
790,54 |
Subdirector/a do Imelga |
762,30 |
Xefatura de servizo do Imelga |
762,30 |
Xefatura de sección do Imelga |
762,30 |
Médico/a forense |
705,82 |
Xestión procesual e administrativa |
446,09 |
Tramitación procesual e administrativa |
389,63 |
Auxilio xudicial |
364,22 |
Secretarios/as xulgados de paz de municipios de máis de 7.000 habitantes |
446,09 |
5. Complemento específico e complemento autonómico transitorio.
a) A contía mensual do complemento específico, referido a 12 mensualidades, é a que se reflicte para cada tipo de posto na seguinte táboa:
Tipo de posto |
Complemento específico mensual |
Director/a do Imelga (III) |
976,18 |
Subdirector/a do Imelga (III) |
857,17 |
Xefatura de servizo do Imelga (III) |
827,42 |
Xefatura de sección do Imelga (III) |
767,92 |
Médico/a forense (III) |
627,77 |
Coordinador/a responsable I (A2) |
884,80 |
Coordinador/a responsable II (A2) |
860,95 |
Coordinador/a responsable III (A2) |
837,09 |
Responsable estatística, rexistro e calidade I (A2) |
813,23 |
Responsable estatística, rexistro e calidade I (C1) |
804,62 |
Responsable estatística, rexistro e calidade III (A2) |
765,51 |
Responsable estatística, rexistro e calidade III (C1) |
756,91 |
Xestor/a procesual fiscalía (III-A) |
622,39 |
Tramitador/a procesual fiscalía (III-A) |
613,77 |
Tramitador/a procesual e adm. Imelga (III-B) |
613,77 |
Auxilio xudicial fiscalía (III-A) |
608,39 |
Auxilio xudicial Imelga (III-B) |
608,39 |
b) A contía mensual do complemento autonómico transitorio é a que se especifica a continuación para cada tipo de posto:
Tipo de posto |
Importe mensual |
Secretarios/as de xulgados de paz de municipios de máis de 7.000 habitantes (IV) |
622,39 |
Xestor/a procesual (III-A) |
622,39 |
Xestor/a procesual servizo común de apoio (III-A) |
726,53 |
Xestor/a procesual S.C.N.E.(III-A) |
771,14 |
Xestor/a procesual xulgado de violencia sobre a muller (III-A) |
643,83 |
Xestor/a procesual secretario/a xulgado de paz (IV-D) |
622,39 |
Xestor/a procesual xulgado de paz (IV-C) |
622,39 |
Tramitador/a procesual (III-A) |
613,77 |
Tramitador/a procesual servizo común de apoio (III-A) |
717,92 |
Tramitador/a procesual S.C.N.E. (III-A) |
673,29 |
Tramitador/a procesual de xulgado violencia sobre a muller (III-A) |
635,21 |
Tramitador/a procesual de xulgado de paz (IV-C) |
613,77 |
Auxilio xudicial (III-A) |
608,39 |
Auxilio xudicial servizo común de apoio (III-A) |
712,52 |
Auxilio xudicial S.C.N.E. (III-A) |
757,14 |
Auxilio xudicial xulgado de violencia sobre a muller (III-A) |
629,83 |
Auxilio xudicial xulgado de paz (IV-C) |
608,39 |
Adicionalmente ao complemento autonómico transitorio, o persoal con destino no posto de xestor/a procesual secretario/a de xulgados de paz (IV-D) que desempeñe funcións de secretaría de xulgado de paz percibirá un punto adicional por importe de 29,46 €.
6. Contía das retribucións complementarias de natureza variable.
a) Servizos de garda.
Partido xudicial/órgano |
Concepto |
Importe da garda |
Servizos de garda en partidos xudiciais que conten con 8 ou máis xulgados de instrución (art. 5.1 da Orde PRE/1417/2003) |
Garda ordinaria de permanencia semanal |
264,39 |
Servizos de garda en partidos xudiciais que conten con 8 ou máis xulgados de instrución (art. 5.2 da Orde PRE/1417/2003) |
Garda de permanencia para axuizamento inmediato de faltas |
156,66 |
Partidos xudiciais con separación de xurisdición ou conten con 4 ou máis xulgados de primeira instancia e instrución (art. 7.1 da Orde PRE/1417/2003) |
Garda de permanencia de 8 días |
323,04 |
Partidos xudiciais con separación de xurisdición ou conten con 4 ou máis xulgados de primeira instancia e instrución (art. 7.1 da Orde PRE/1417/2003) |
Garda de permanencia de 8 días nos partidos xudiciais onde non haxa sede da fiscalía |
161,60 |
Partidos xudiciais con separación de xurisdición ou conten con 4 ou máis xulgados de primeira instancia e instrución (art. 7.2, parágrafo 1, da Orde PRE/1417/2003) |
Garda de dispoñibilidade fiscalía de 8 días |
235,12 |
Partidos xudiciais con 4 ou máis xulgados de primeira instancia e instrución (art. 7.2, parágrafo 2, da Orde PRE/1417/2003) |
Garda de dispoñibilidade de 8 días apoio á fiscalía nos partidos xudiciais onde non haxa sede da fiscalía |
117,60 |
Partidos xudiciais con 2 ou 3 xulgados de primeira instancia e instrución (art. 8.1, parágrafo 1, da Orde PRE/1417/2003) |
Garda de dispoñibilidade de 8 días |
146,88 |
Partidos xudiciais con 2 ou 3 xulgados de primeira instancia e instrución (art. 8.1, parágrafo 2, da Orde PRE/1417/2003) |
Garda de dispoñibilidade de 8 días apoio á fiscalía nos partidos xudiciais onde non haxa sede da fiscalía |
73,52 |
Partidos xudiciais cun único xulgado de primeira instancia e instrución (art. 9, parágrafo 1, da Orde PRE/1417/2003) |
Garda de dispoñibilidade semanal |
58,73 |
Asistencia a fiscal en partidos xudiciais cun único Xulgado de primeira instancia e instrución (art. 9, parágrafo 2, da Orde PRE/1417/2003) |
Garda de dispoñibilidade semanal nos partidos xudiciais onde non haxa sede da fiscalía |
29,40 |
Fiscalías de menores capitais de provincia (art. 12.b) da Orde PRE/1417/2003) |
Garda de dispoñibilidade semanal para atender incidencias que deriven da Lei orgánica reguladora da responsabilidade penal dos menores |
117,60 |
b) Programa de actuación de fomento da produtividade.
Corpo |
Contía mensual |
Médicos/as forenses |
10,72 |
Xestión procesual e administrativa |
10,72 |
Tramitación procesual e administrativa |
10,72 |
Auxilio xudicial |
10,72 |
c) Penosidade por saídas habituais a centros penitenciarios.
Corpo |
Contía mensual |
Xestión procesual e administrativa |
72,15 |
Tramitación procesual e administrativa |
63,32 |
Auxilio xudicial |
54,49 |
d) Penosidade do persoal do servizo común de apoio territorial que preste servizos fóra da sede do Tribunal Superior de Xustiza.
Corpo |
Contía mensual |
Xestión procesual e administrativa |
294,51 |
Tramitación procesual e administrativa |
235,61 |
Auxilio xudicial |
176,72 |
e) Retribución compensatoria pola realización de quendas en rexistros civís da Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra.
Xornada |
Contía diaria |
Vespertina de luns a venres |
51,47 |
Sábado |
85,77 |
f) Retribución compensatoria pola realización de quendas de dispoñibilidade para o desempeño conxunto de funcións por parte do persoal funcionario do corpo de auxilio xudicial: 107,10 € por cada período de 15 días.
7. Complemento retributivo por obxectivos ao persoal funcionario destinado nos xulgados con competencias en materia de violencia sobre a muller:
a) Xulgados exclusivos de violencia sobre a muller: 107,60 euros/mes.
b) Xulgados de instrución que asumen a materia de violencia sobre a muller: 80,71 euros/mes.
c) Xulgados de primeira instancia e instrución do resto dos partidos xudiciais que asumen a materia de violencia sobre a muller (que incoasen polo menos 75 dilixencias no ano anterior): 53,81 euros/mes.