Dende SPJ-USO solicitamos á OFICINA DE POLICITA LINGÜÍSTICA, así como a EGAP, a convocatoria de máis edicións e máis prazas para os Cursos de Lingua Galega (Celga), e de Linguaxe Galega Administrativa, así como os Xurídicos de Galego Medio e Superior, para solucionar a problemática actual, na que un porcentaxe moi alto de solicitudes son rexeitadas.
O Estatuto de autonomía para Galicia establece que os poderes públicos de Galicia deberán garantir o uso normal e oficial do idioma galego e potenciar o seu emprego. Neste sentido, o artigo 1 do Decreto 198/2020, do 20 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, dispón que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade é o departamento da Xunta de Galicia ao que lle corresponden a promoción e o ensino da lingua galega. Pola súa parte, o artigo 59 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece que as ensinanzas de idiomas teñen por obxecto capacitar o alumnado para o emprego axeitado dos idiomas fóra das etapas ordinarias do sistema educativo, cunha organización en tres niveis: básico, intermedio e avanzado. Nesta mesma lei, no punto 4 do artigo 60 disponse que, de acordo co que establezan as administracións educativas, as escolas oficiais de idiomas poderán impartir cursos para a actualización dos coñecementos de idiomas e para a formación do profesorado e doutros colectivos profesionais.
Adxunto escrito.- gallego enero 2022-19.1.22 (2)
Adxunto xustificante da presentación de escrito Oficina de Política Lingüística.- Justificante-PR004A-20220119 (1)
Adxunto xustificante de presentación do escrito na EGAP.- Justificante-PR004A-20220119