Resolución do 24 de marzo de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se complementa e desenvolve a Resolución do 15 de marzo de 2020 na que se determinan os servizos mínimos esenciais na Administración de xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19.
Por Resolución do 15 de marzo de 2020 da Dirección Xeral de Xustiza establecéronse os servizos mínimos esenciais do persoal ao servizo da Administración de xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia, para garantir a ineludible prestación do servizo público da xustiza ante a situación xerada polo COVID-19. Esta resolución foi ampliada posteriormente pola de 17 de marzo.
Ao mesmo tempo, a ineludible prestación dos servizos esenciais debe compatibilizarse coa necesaria protección da saúde dos traballadores, polo que resulta necesario articular una serie de criterios para posibilitar o efectivo cumprimento de ambos. Neste marco, ditouse a Resolución da Secretaría de Estado do 23 de marzo de 2020 sobre cálculo e distribución de dotacións de servizos esenciais da Administración e xustiza durante a pandemia COVID-19.
En atención a todo o anterior, esta Dirección Xeral de Xustiza resolveu fixar, de acordo coas resolucións do Consello Xeral do Poder Xudicial, a Fiscalía Xeral do Estado e o Ministerio de Xustiza, os servizos esenciais que, en todo caso, deben manterse operativos na Administración de xustiza descritos na Resolución do 15 de marzo de 2020, modificados de acordo coa nova Resolución da Secretaría de Estado sobre cálculo e distribución de dotacións, resultando os que se especifica a continuación:
1. Tribunal Superior de Xustiza de Galicia:
1.1. Un funcionario do corpo de xestión P.A. ou de tramitación P.A. en cada unha das salas.
1.2. Secretaría de Goberno: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A.
1.3. Gabinete Técnico da Presidencia: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A.
1.4. Oficina de Rexistro e Repartición: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A.
2. Audiencias provinciais:
2.1. Seccións civís: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou de tramitación P.A. por cada dúas seccións ou fracción e un funcionario do corpo de auxilio xudicial para todas as secciones.
2.2. Seccións penais e mixta: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou de tramitación P.A., e un funcionario do corpo de auxilio xudicial para cada dúas seccións ou fracción.
2.3. Oficina de Rexistro e Repartición: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A.
3. Xulgados unipersoais:
– Xulgados de instrución e xulgados de primeira instancia e instrución de garda: os funcionarios que efectúan o servizo de garda habitualmente, que se encargarán de apoiar a tramitación de causas con preso dos restantes xulgados.
– Xulgados de instrución e xulgados de primeira instancia e instrución con competencias en violencia sobre a muller: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A
– Xulgados de violencia sobre a muller exclusivos de A Coruña e Vigo: un funcionario do corpo de xestión P.A., un funcionario do corpo de tramitación P.A. e un funcionario do corpo de auxilio xudicial.
– Xulgados do penal: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A., para cada dous xulgados ou fracción desta clase do partido xudicial, e un funcionario do corpo de auxilio xudicial para todos os xulgados.
– Xulgados do mercantil: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A., para todos os xulgados desta clase do partido xudicial.
– Xulgados de primeira instancia: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A., para todos os xulgados desta clase do partido xudicial.
– Xulgados de primeira instancia especializados en Dereito de Familia: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A., para todos os xulgados desta clase do partido xudicial.
– Xulgados do social: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A., e un funcionario do corpo de auxilio xudicial para todos os xulgados desta clase do partido xudicial.
– Xulgados do contencioso-administrativo: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A., e un funcionario do corpo de auxilio xudicial para todos os xulgados desta clase do partido xudicial.
– Xulgado de vixilancia penitenciaria: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A.
– Xulgado de menores: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A.
– Servizo común de notificacións e embargos: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A. e un funcionario do corpo de auxilio xudicial.
– Decanatos-Oficina de rexistro e reparto: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A. en cada sede.
– Servizo común de atención ao cidadán e á vítima: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A. en cada oficina.
– Xulgados de paz: un funcionario, cunha atención horaria reducida de 10:00 h a 13:00 h
4º Rexistros civís:
– Rexistros civís exclusivos: dous funcionarios do corpo de xestión P.A. ou do corpo de tramitación P.A.
– Xulgados de primeira instancia e de primeira instancia e instrución con funcións
de rexistro civil: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou do corpo de tramitación P.A. e un funcionario do corpo de auxilio xudicial.
5º Fiscalías: deberán contar con toda a dotación de persoal que preste o servizo de garda para atender debidamente o servizo, e ademais un 10% aproximado do total dos funcionarios dos corpos de xestión P.A., de tramitación P.A. e de auxilio xudicial de cada unidade.
– Fiscalía Superior da Comunidade Autónoma: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou do corpo de tramitación P.A.
– Fiscalías provinciais: a maiores dos funcionarios do servizo de garda, un funcionario do corpo de xestión P.A. ou do corpo de tramitación P.A.
– Fiscalías de área: a maiores dos funcionarios do servizo de garda, un funcionario do corpo de xestión P.A. ou do corpo de tramitación P.A. nas de Santiago e Vigo.
– Seccións territoriais: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou do corpo de tramitación P.A. en cada sección territorial, para o servizo de garda.
6º Instituto de Medicina Legal:
– Os médicos forenses de garda.




















