Archivo diario: 31/03/2020

ACLARACIÓN IMPORTANTE ÓS NOVOS SERVIZOS MÍNIMOS

📢🔊 ACLARACIÓN IMPORTANTE ÓS NOVOS SERVIZOS MÍNIMOS📢🔊

Ante a multitude de preguntas, aclaramos que se manteñen os cadros de persoal previamente establecidos para a «PERMANENCIA» pasando coa nova orde a estar en situación de «DISPOÑIBILIDADE», coas excepcións establecidas no punto 3 da nova orde.

Así que, as dotacións de persoal necesarias para atender os servizos esenciais durante a vixencia do estado de alarma son as recollidas na Resolución do 24 de marzo de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza.

PRESENCIAIS:

1.- Xulgados en funcións de Garda:

2.- Xulgados de Violencia exclusivos.

3.- Rexistro Civil:

4.- Rexistro e Reparto do Tribunal Superior de Xusticia e das Audiencias Provinciales:

5.- Edificios nos que non esten os Xulgados de Garda: 1 funcionario (de calquera dos órganos xudiciais que estén de servicios mínimos esenciais).

6.- Fiscalía de Menores:

Queremos aclarar que o Xulgado de Garda non asume as funcións dos demais Xulgados, simplemente, no seu caso, contacta co Xulgado que lle corresponda (se entra unha actuación de Violencia co Xulgado de Violencia por exemplo), e o Letrado contacta co funcionario DISPOÑIBLE ese día, e asumen a labor que lle corresponda; o anterior, salvo acordo dos Xuices en contrario.

SPJ-USO: Contigo outro sindicalismo é posible!!!
FEITOS, non palabras!!!

Resolución do 31 de marzo de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se adapta a cobertura dos servizos mínimos da Administración de xustiza ao Real decreto lei 10/2020, do 29 de marzo de 2020

Acaban de remitirnos a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se adapta a  cobertura dos servizos mínimos da administracion de xustiza ao Real decreto lei 10/2020, de 29 de marzo.

A Resolución da Dirección Xeral de Xustiza , da que xa vos informamos en relación coa nota informativa do TSXG que ven a reproducir esta Resolución.

Aspectos mais importantes:

Terceira. Réxime de presenza.
Deben prestarse en réxime presencial, nos termos e número de persoas fixados na resolución de servizos mínimos esenciais do pasado 24 de marzo, os seguintes servizos:

a) Os servizos de xulgado de garda en todos os partidos xudiciais, así como as gardas de fiscalías de menores alí onde existan. Estes servizos realizaranse, sempre que sexa posible, mediante videoconferencia ou calquera outro dispositivo ou aplicación informática que permita a comunicación bidireccional segura de datos ou, de ser necesario, de imaxe e/ou son, para os efectos de evitar traslados de detidos, profesionais ou outras persoas ás sedes xudiciais para a práctica das dilixencias que haxa que realizar.
b) As ordes de protección e calquera medida cautelar en materia de violencia sobre a muller. Estes servizos prestaranse na mesma forma exposta para os xulgados de garda.
c) As actuacións de Rexistro Civil declaradas esenciais na Resolución do 18 de marzo de 2020, nos termos aprobados polo protocolo do 27 de marzo, con especial atención á expedición de licenzas de enterramento.
d) As actuacións urxentes en causas con preso. Para estes casos fomentarase especialmente a utilización da videoconferencia ou de calquera outro dispositivo ou aplicación informática que permita a comunicación bidireccional segura de son e imaxe, para os efectos de evitar, en canto sexa posible, traslados de presos ás sedes xudiciais para a práctica das dilixencias que haxa que realizar con eles.

Cuarta. Réxime de dispoñibilidade.
O persoal que estando a cargo dos servizos declarados esenciais, ou correspondéndolles estes por substitución ordinaria, non deba, conforme a presente resolución, acudir ás sedes xudiciais terá que estar durante a súa xornada laboral localizable e dispoñible para acudir ao xulgado o máis axiña posible no caso de que sexa requirido para a prestación de calquera servizo que non poida ser prestado á distancia ou para calquera incidencia que se poida presentar.
Con esta finalidade, os secretarios coordinadores provinciais ou, se for o caso, a Secretaría de Goberno, de forma coordinada cos órganos competentes da Comunidade Autónoma, deberán ter en todo momento ao seu dispor a listaxe de letrados da Administración de xustiza e resto de funcionarios aos que lles corresponda en cada quenda garantir a cobertura do servizo en todos os partidos xudiciais do seu territorio, e
adoptarán as medidas necesarias para que, preferentemente á distancia, ou na súa falla
desprazando o menor número posible de funcionarios, o servizo sexa prestado. A mesma obriga asumirán os fiscais xefe de cada provincia respecto do persoal das fiscalías.

Quinta. Presenza básica en sede xudicial ou fiscal.
En todo caso, garantirase que en cada sede xudicial ou fiscal na que non exista un servizo de garda haxa polo menos un funcionario dos corpos xerais da Administración de xustiza en réxime de presenza física durante as horas de audiencia pública. Este funcionario coordinará as actuacións de rexistro, de repartición e de decanato, para os efectos de asegurar a correcta prestación dos servizos.
Deste xeito, deberá de asistir en réxime de presenza física ás sede dos tribunais colexiados, ou das fiscalías onde non exista un servizo de garda, un funcionario dos que habitualmente se encargan das tarefas de rexistro e repartición.
Todo o restante persoal que non deba acudir ás sedes xudiciais, terá que estar durante a súa xornada laboral localizable polo xuíz/a, letrado/a da Administración de xustiza ou fiscal e dispoñible para acudir á sede xudicial o máis axiña posible no caso de que sexa requirido para a prestación de calquera servizo ou para calquera incidencia que se poida
presentar………………………………………..

Adxuntamos Resolución íntegra

Resolución do 31 de marzo de 2020_servizos esenciais adaptados resolución do Ministerio.gl (1)

ÚLTIMA HORA‼️‼️ 📢🔊 SERVICIOS MÍNIMOS‼️‼️ MOI IMPORTANTE‼️‼️

Na tarde de hoxe teremos a nova RESOLUCIÓN da DXX para a Xustiza galega

👇👇👇

La Comisión de Seguimiento acepta una nueva reducción del número de funcionarios/as que deben estar de forma presencial en los juzgados.

Los Juzgados de Violencia sobre la Mujer exclusivos siguen funcionando
con normalidad, pues están considerados como servicios esenciales.

se contará con personal funcionario de forma presencial en los juzgados de guardia de los 45 partidos judiciales de la comunidad, en las fiscalías de menores, en los juzgados exclusivos de Violencia sobre la Mujer y en los registros civiles, incluidos los que  corresponden a los juzgados de paz.

Habrá también una persona que atenderá el servicio de registro y reparto en los órganos donde no hay un juzgado de guardia, es decir, en los órganos colegiados (Audiencias Provincial y TSXG). Se pretende, de esta forma, garantizar las actuaciones urgentes de la Administración de Justicia a toda la ciudadanía.

Para atender el resto de asuntos que tengan la consideración de esenciales, como diligencias relacionadas con causas con preso, los juzgados o tribunales que lo necesiten pueden solicitar la presencia del personal funcionario que para cada situación se precise, puesto que están en situación de disponibilidad y con la obligación de estar localizables por si se requieren sus servicios.

Hasta el día de hoy, han sido notificados a la Comisión siete casos de positivos en la comunidad por coronavirus entre jueces/zas, fiscales/as, letrados/as de la Administración de Justicia y funcionarios/as, parte de ellos ya de alta en estos momentos.

Adjuntamos la nota informativa del Tribunal Superior de Justicia de Galicia

EL TSXG INFORMA

Un saúdo a todas/os animo💪

🔊📢 EL MIÉRCOLES 1 DE ABRIL EMPIEZA LA CAMPAÑA DE LA RENTA 2019/2020 📢🔊

La campaña de la Renta 2019-2020 mantiene sus fechas y plazos.

👉👉 Las medidas impuestas por el Gobierno tras la declaración del estado de alarma  “no interrumpen los plazos para la presentación de declaraciones y autoliquidaciones tributarias”.

➡️➡️ Fechas clave de la Renta 2019:
✔️ 1 de abril: arranca la campaña para declaraciones telefónicas o a través de internet

✔️ 13 de mayo: arranca el plazo para realizar la presentación de manera presencial

✔️ 25 de junio: finaliza el plazo para presentar declaraciones con resultado a ingresar con domiciliación en cuenta

✔️ 30 de junio: finaliza la campaña de la Renta 2019

Amplía información: 👇👇
https://spjusogalicia.com/2020/03/29/declaracion-del-impuesto-sobre-la-renta-de-las-personas-fisicas-y-del-impuesto-sobre-el-patrimonio-del-ejercicio-2019/