
SITUACIÓN ACTUAL DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA NA CRISE DO CORONAVIRUS. BORRADOR SOBRE SERVIZOS MÍNIMOS.
Dende SPJ-USO apelamos á RESPONSABILIDADE e á TRANQUILIDADE, así como á PACIENCIA e á COHERENCIA e SERIEDADE nun tema de que entendemos que xa non é de Xustiza, senón de SAÚDE PÚBLICA.
Dende SPJ-USO, estamos a esixir ás diferentes administración se tomen as medidas precisas nunha administración tan específica como a de Xustiza, que non pode paralizarse completamente dadas as súas particularidades, e ó igual que estamos esixindo medidas, transmitímosvos TRANQUILIDADE dado que nós, igual que esiximos medidas, tamén entendemos que debemos seguir traballando, e eso estamos facendo, polo que nos comprometemos a mantervos puntualmente informados de calquer información seria e importante que vaia surxindo.
Podemos garantizarvos que está a haber reunións en tódolos ámbitos, dende o ámbito local, ó ámbito nacional, e polo tanto as medidas e as informacións son “cambiantes” a cada hora.
No día de hoxe sábado estamos a recibir multitude de preguntas referentes ós servizos mínimos, chegándonos incluso informacións de que algún Letrado da Administración de Xustiza tivo a “osadía” ou a “irresponsabilidade” de fixar ata uns servizos mínimos en Xulgados concretos.
Todo apunta a que, ó longo da fin de semana, ou a mais tardar o luns, teremos unha resolución de servizos mínimos específica para a Xustiza, mais a esta hora (15.00 horas do sábado 14-3-2020) ó único que temos é un BORRADOR do MINISTERIO DE XUSTIZA, sin validez algunha legal, aínda que probablemente o texto definitivo non sexa moi diferente, mais os servizos mínimos NON ESTÁN FIXADOS.
Podedes acceder ó borrador do Ministerio pinchando no enlace que se achega.
Manterémosvos puntualmente informados de calquer novidade significativa que se vaia producindo.
E por suposto, para calquer dúbida ou consulta, os delegados sindicais de SPJ-USO están á vosa disposición para asesorarvos.
Me gusta esto:
Me gusta Cargando...
Publicado en SAUDE LABORAL